Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta impulsa a colaboración coas federacións e asociacións en materia de...

A Xunta impulsa a colaboración coas federacións e asociacións en materia de consumo para potenciar a ateción das persoas consumidoras

- Anuncio -
  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou nunha xornada de traballo coas federacións e asociacións con máis de 5 anos de presencia no Consello Galego de Consumidores e Usuarios de Galicia  
  • No marco deste encontro puxéronse en marcha cinco convenios de colaboración coa finalidade de reforzar a información e protección das persoas consumidoras e usuarias   

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, participaron hoxe nunha reunión de traballo con federacións e asociacións de persoas consumidoras e usuarias para identificar liñas de traballo dirixidas á protección da cidadanía no eido do consumo. Aproveitando o acto, asináronse ata cinco convenios de colaboración.

En concreto, subscribiuse colaboración coa Federación galega de asociacións de amas de casa, consumidores e usuarios Brétema, coa Federación galega Euroconsumo, coa Federación de usuarios e consumidores Independentes Fuciga, coa Unión de consumidores e usuarios de Galicia (Ucgal) e coa Asociación de usuarios de bancas, caixas e seguros Adicae, todas elas inscritas no Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia e presentes durante máis de 5 anos no Consello Galego de Consumidores e Usuarios de Galicia.

A través da cooperación con estas organizacións, as persoas consumidoras galegas poderán dirixirse directamente a estas federacións e asociacións de consumidores para informarse, presentar unha reclamación en materia de consumo e mesmo realizar unha fase previa de mediación coa empresa implicada no correspondente conflito.

Cómpre engadir que o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC)  conta con oficinas de atención presencial nas sete principais cidades galegas así como co teléfono de balde 900 23 11 23, que funciona de 9 a 14 horas e de 17 a 19 h. de luns a venres para ofrecer información e asesoramento en materia de consumo.  

Os consumidores tamén poden enviar as súas dúbidas por correo electrónico ou a través dun formulario que atoparán na web do organismo: https://consumo.xunta.gal/gl/igcc/contacto.

Relacionadas

A Xunta fai oficial a conversación da Escola de Cantería de Galicia nun Centro...

0
— O DOG publica o decreto co que a Consellería de Educación impulsa o centro, que suma catro novas titulacións e a contratación de...

Xosé Merelles loa o papel do Fesival Trece Roeis, que dinamiza a oferta turística...

0
O director de Turismo de Galicia visitou os espazos onde se desenvolve a cita que alcanza este ano a súa quinta edición co apoio...

Galicia situouse en xullo como o primeiro destino turístico do norte peninsular e o...

0
Os datos do INE feitos públicos hoxe constatan que a Comunidade galega destacou en volume de noites na totalidade dos establecementos de aloxamento O pasado...

O FICBueu volve contar coa colaboración da Xunta para unha nova edición con 15...

0
O certame de curtas de Bueu é unha das 10 citas cofinanciadas en 2024 pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da...

A Policía Autonómica realizou máis de 8.600 inspeccións e tramitou 1.600 denuncias relacionadas con...

0
A meirande parte da actividade centrouse na prevención e investigación de incendios forestais, con 7.755 inspeccións e 1.497 denunciasAdemais da loita contra o lume,...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

Publicacións Relacionadas