Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta informa aos axentes implicados no impulso do empredemento e do...

A Xunta informa aos axentes implicados no impulso do empredemento e do emprego sobre o Bono Remuda activo para garantir o mantemento dos negocios

- Anuncio -

― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no webinario organizado para dar conta da convocatoria novidosa por 1,5 millóns de euros para impulsar o traspaso de negocios no marco da Rede de polos

― Está dirixido precisamente ao equipo técnico dos Polos de emprendemento e de entidades de persoas traballadoras autónomas, empresariais ou comerciais, así como a axentes de emprego e de desenvolvemento local

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no webinario organizado pola Xunta para dar a coñecer a nova convocatoria da Xunta que cun orzamento de 1,5 millóns de euros busca fomentar o traspaso de negocios e garantir a súa permanencia no seo do tecido produtivo galego. A cita, á que tamén asistiron a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, está dirixida ao persoal técnico da Rede de polos de emprendemento e de entidades de persoas traballadoras autónomas, empresariais ou comerciais, así como a axentes de emprego e de desenvolvemento local.
Segundo destacou o secretario xeral, o obxectivo é evitar o peche de negocios por falta de remuda, ao tempo que se facilita que as persoas interesadas en emprender poidan recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente. Os negocios obxecto de remuda deben ter o domicilio social e fiscal en Galicia e estar inscritos na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego. Unha Bolsa á que se sumaron desde febreiro -cando se puxo en marcha- máis dun cento de empresas.
A remuda deberá estar motivada pola xubilación ou pola proximidade da idade de xubilación da persoa titular do negocio. Tamén por causas sobrevidas como incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou falecemento, e deben terse producido entre o 1 de xaneiro e o 30 de outubro de 2024.
Liñas de axuda
O Bono remuda conta con dúas liñas. Por unha banda, a Liña 1-Bono remuda rural, para negocios situados en concellos de menos de 5.000 habitantes, á que se destina 1 millón de euros. Mentres, a Liña 2-Bono remuda xeral, para negocios situados en concellos de 5.000 habitantes ou máis, conta co outro medio millón.
A contía da axuda do Bono remuda calcúlase en función do prezo estipulado no contrato de remuda do negocio, cunha porcentaxe de subvención do 75% no caso da liña 1 e do 70% na liña 2. Se se trata dunha remuda mediante alugueiro do local e/ou medios produtivos, o importe da axuda será o correspondente aos primeiros 18 meses de alugueiro.
No caso do Bono remuda rural, a intensidade da axuda incrementarase nun 10% cando a persoa que adquire o negocio sexa emigrante retornada, estranxeira ou empadroada na mesma localidade na que se atope a actividade que se traspasa. Ademais, nas dúas liñas aplicarase un 5% de incremento se a persoas que se fai cargo é muller, menor de 30 anos, con 52 anos ou máis ou se o negocio traspasado ten máis de 5 traballadores. En total, a contía máxima subvencionable por remuda será de 30.000 euros.
Pablo Fernández apuntou que o prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o próximo 30 de outubro. Tamén que cada solicitante debe presentar un Plan de negocio, cun informe de valoración no que pode ser asesorado polo persoal técnico dos Polos de emprendemento.
Cabe engadir que o Plan de remuda activo na Rede de polos que conta na actualidade con 13 centros operativos dispón dunha páxina web tanto para quen queira vender ou alugar a súa empresa como para quen busque acceder a negocios en traslado (https://polosemprendemento.gal/remuda-de-negocios).

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará...

0
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

0
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con...

A Xunta impulsa a colaboración coas federacións e asociacións en materia de consumo para...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou nunha xornada de traballo coas federacións e asociacións con máis de 5 anos de...

A Xunta promove a reinterpretación dos sombreiros tradicionais galegos no Festival Asnot de Padrón

0
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entregou hoxe o Premio Internacional de Sombreirería Chapeu Contest 2024, que recaeu na revisión dun...

Publicacións Relacionadas