Home Lugo A Xunta inicia esta semana novos traballos de roza e limpeza nas...

A Xunta inicia esta semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de dúas estradas autonómicas nas comarcas da Mariña e de Vigo

- Anuncio -

― As novas tarefas desenvolveranse, concretamente, nas estradas LU-152, entre Foz e Ferreira de Valadouro; e na PO-331, no Porriño

― Continuarán os traballos xa comezados na vía de altas prestacións VG-1.3 no seu percorrido polos municipios de Oleiros, Cambre e Sada

― Proseguirán as obras na estrada LU-751, en Meira e Ribeira de Piquín; na OU-403, entre Ribadavia e Ponte Castrelo; ou na A-51, en Salvaterra de Miño

― A Xunta, desde o ano 2018, investiu 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas, a través da encomenda á empresa pública Seaga

A Xunta iniciará esta semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de dúas estradas autonómicas ao paso polas comarcas da Mariña e de Vigo.

Estas tarefas desenvolveranse, concretamente, nas estradas LU-152, entre Foz e Ferreira de Valadouro; e na estrada PO-331, no Porriño.

Tamén continuará as actuacións xa iniciadas en pasadas semanas na vía de altas prestacións VG-1.3 no seu percorrido polos municipios coruñeses de Oleiros, Cambre e Sada.

Ademais, proseguirán os traballos na estrada LU-751, en Meira e Ribeira de Piquín; na OU-320, en Sandiás e en Allariz; ou na OU-403, entre Ribadavia e Ponte Castrelo.

Na provincia de Pontevedra, seguirán as tarefas de limpeza nas marxes da A-51, en Salvaterra de Miño; ou na vía de altas prestacións VG-4.5, en Moaña e Cangas.
Control de biomasa
O Goberno galego acomete estas actuacións no marco do contrato coa empresa pública Seaga, por importe de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas de titularidade autonómica para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

Estas novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán, nesta nova encomenda, a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.
Como novidade nesta nova encomenda, prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais.

Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 lévanse investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Relacionadas

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª Edición...

0
― A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través...

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

Publicacións Relacionadas