Home Pontevedra Caldas A Xunta iniciará esta vindeira semana traballos de limpeza e roza nas...

A Xunta iniciará esta vindeira semana traballos de limpeza e roza nas marxes da estrada PO-226, ao seu paso polo concello de Moraña

- Anuncio -

― Ademais, proseguirase con estas tarefas noutras 7 vías autonómicas, no seus percorridos polos municipios de Crecente, Moaña, Cangas, Teo, Narón, San Sadurniño, O Saviñao, Viveiro, Xove e Castrelo de Miño


― Estas actuación forman parte do contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de 4 M€ en dous anos

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas iniciará mañá, luns os traballos de limpeza e roza nas marxes da estrada autonómica PO-226, ao seu paso polo concello de Moraña.

Ademais destas tarefas na citada vía autonómica, na provincia de Pontevedra proseguirán os traballos iniciados fai tres semanas na PO-801, en Crecente; así como tamén as intervencións en execución na comarca do Morrazo: na autovía AG-4.6, e en distintos tramos da vía de alta prestacións CG-4.1, que une os municipios de Moaña e Cangas.

No caso da provincia da Coruña continuarán os traballos na autovía AG-59 en Teo; e na AG-64, nos concellos de Narón e de San Sadurniño.

Tamén continúan na provincia de Lugo os traballos na vía autonómica LU-616, no Saviñao; e na vía de altas prestación CG-2.3 no seu percorrido polos municipios de Viveiro e Xove.

Seguirán, ademais, as intervención que están en marcha na estrada OU-402, no concello ourensán de Castrelo de Miño.

Seguridade viaria
Todas estas intervencións consisten na limpeza e roza de vexetación na zona de dominio público das estradas de titularidade da Xunta, e na reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas autonómicas ou no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas.

A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Estas intervencións do departamento que dirixe María Martínez Allegue están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que conta, tralo recente incremento de 1 M€; cun investimento total de 4 M€ para os dous próximos anos.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas