Home Xunta de Galicia A Xunta lembra aos taxistas que poden solictar as axudas para a...

A Xunta lembra aos taxistas que poden solictar as axudas para a adquisición de vehículos ata o 14 de outubro

- Anuncio -
  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou que o Goberno galego vén de publicar as axudas deste ano por importe de 500.000 euros e con achegas de ata 10.000 euros
  • A orde impulsa a compra de vehículos de taxi adaptados, de emisións cero e ECO

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, comprobou co presidente da Federación de Autónomos do Taxi de Galicia (Fegataxi), Ricardo Villamisar, e representantes da entidade, algúns dos vehículos adquiridos o ano pasado coas axudas da Xunta. Por iso, lles trasladou que poden presentar as súas solicitudes á convocatoria deste ano ata o 14 de outubro de 2025.

A través da orde do ano pasado, a Xunta financiou a adquisición de máis de 180 vehículos:27 vehículos adaptados, 146 taxis de baixas emisións e 8 vehículos de emisións cero.

Diego Calvo incidiu en que Goberno galego apoia desde hai anos aos profesionais do taxi, un sector que en Galicia dá emprego a preto milleiros de familias, conta con máis de 3.000 licenzas e presta un servizo esencial. Nesta liña, con estas axudas asegurou que se pretende contribuír a garantir unha mobilidade accesible e sostible no transporte público.

O conselleiro de Presidencia lembrou que a Xunta publicou o pasado 5 de decembro as axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), de emisións cero e do tipo ECO, que conta cun orzamento de 500.000 euros para este 2025. Deste total, 290.000 euros van dirixidas á liña para taxi adaptado, con achegas de 10.000 euros por vehículo; 68.000 para taxi emisión cero, con axudas de 4.000 euros; e 142.000 para vehículos taxi ECO, por importes de 1.000 euros.

A medida vai dirixida ás persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou os servizos de Mobilidade competentes.

No caso das liñas de taxi de CERO emisións e ECO, a orde axudas cubre a adquisición de vehículos realizada desde o 1 de maio do ano pasado ata a data límite para xustificar a axuda, o 31 de outubro de 2025. Para a liña Eurotaxi, subvenciónanse tanto os vehículos xa adquiridos en calquera momento, co compromiso de manter a titularidade e a actividade ao menos cinco anos, como os que se adquiran con posterioridade á presentación da solicitude e á data límite para xustificar a axuda.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por vento na Mariña Lucense

0
―      Suspéndese por este motivo mañá pola mañá a actividade deportiva federada e do programa Xogade nos 15 concellos da MariñaTamén estará activa en...

Rueda asina concello de Poio un convenio para invertir 1,7 M€ na primeira fase...

0
Lembra que se trata “dunha das zonas urbanas máis transitadas de Galicia” ao ser a vía de entrada e saída da cidade de PontevedraA...

A Xunta esíxelle ao Goberno central a celebración da conferencia sectorial de transportes para...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou hoxe en Madrid na Comisión de directores xerais de Transporte do Estado e das Comunidades Autónomas...

A Xunta defende que a promoción da lingua e a cultura galegas por parte...

0
No debate de totalidade do Proxecto de lei de medios, o  conselleiro  de Presidencia subliñou que se trata dunha lei “útil” para lingua, a...

Abano Producións ultima na Coruña co apoio da Xunta a longa de animación‘Decorado’co premiado Alberto...

0
— A película conta cunha subvención de 260.000 euros a través da convocatoria para a produción de proxectos audiovisuais galegos de 2023 da Consellería...

Belén do Campo informa do compromiso daXunta coas dotacións culturisa locais a través de dúas...

0
― A delegada explicou o programa ‘Ler conta moito’, unha liña dotada con 195.000€, que está dirixida a colaborar cos concellos na programación de...

Publicacións Relacionadas