HomeXunta de GaliciaA Xunta mantén a suspensión da actividade deportiva federada no exterior por...

A Xunta mantén a suspensión da actividade deportiva federada no exterior por mor da alerta por episodio de calor

- Anuncio -spot_img

– A suspensión, que afecta a toda a provincia de Ourense e a concellos de Lugo e Pontevedra, finaliza ás 21,00 horas de hoxe

– Quedan permitidas as actividades acuáticas coa recomendación de que non se realicen nas horas centrais do día

A Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, determinou a suspensión da actividade deportiva federada no exterior ata as 21,00 horas de hoxe en toda a provincia de Ourense, así como en concellos da montaña de Lugo e do interior de Pontevedra por mor da alerta por episodio de calor. Quedan permitidas as actividades acuáticas, coa recomendación de que non se realicen nas horas centrais do día, é dicir, de 12,00 a 17,00 horas.

Trátase dos seguintes concellos:

Montaña de Lugo: Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

Miño de Ourense: A Arnoia, Barbadás, Beade, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Nogueira de Ramuín, Ourense, Padrenda, O Pereiro de Aguiar, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, Taboadela e Toén.

Noroeste de Ourense: Amoeiro, Avión, Beariz, Boborás, O Carballiño, Coles, O Irixo, Maside, A Peroxa, Piñor, San Cristovo de Cea e Vilamarín.

Montaña de Ourense: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso e Xunqueira de Espadanedo.

Sur de Ourense: Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Os Blancos, A Bola, Calvos de Randín, Castrelo do Val, Celanova, Cualedro, Entrimo, Gomesende, Laza, Lobeira, Lobios, A Merca, Monterrei, Muíños, Oímbra, Paderne de Allariz, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Verea, Verín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

Publicacións Relacionadas