A Xunta participa na Word Travel Market de Londres para reforzar a presenza do destino Galicia no mercado británico e promocionar o Xacobeo 2027

Redacción

urismo de Galicia participa desde hoxe e ata o 5 de novembro na 46ª edición da World Travel Market (WTM) de Londres, unha das principais feiras profesionais da industria turística internacional, para promocionar a oferta turística galega e o Xacobeo 2027. Galicia conta cun espazo propio de 50 metros cadrados no pavillón de España, concibido tamén como centro de negocios para facilitar os encontros comerciais entre os profesionais galegos e os operadores internacionais.

A participación da Xunta de Galicia nesta feira responde á importancia estratéxica do mercado británico, que xa é o cuarto emisor internacional de turistas a Galicia e rexistrou en 2025 un incremento do 14% na chegada de viaxeiros, superando os 130.000. O Reino Unido tamén destaca pola súa vinculación co Camiño de Santiago, ao ser o quinto país de orixe dos peregrinos internacionais. A presenza galega na WTM busca reforzar as relacións cos operadores actuais, abrir novas oportunidades comerciais e captar visitantes interesados nunha oferta diferenciada e sostible, vinculada á natureza, a cultura e a gastronomía, contribuíndo así á desestacionalización turística e á proxección internacional de Galicia de cara ao Xacobeo 2027.

Comparte este artigo