Home Xunta de Galicia A Xunta pon en marcha o centro que coordinará as políticas de...

A Xunta pon en marcha o centro que coordinará as políticas de emprendemento e orientación laboral en Galicia para seguir reforzando o mercado de traballo

- Anuncio -

― O novo Centro de Orientación, Emprendemento e Innovación para o Emprego canalizará todas as actividades relacionadas co emprendemento na Comunidade, aplicando ademais un enfoque innovador


― José González subliñou que tamén actuará de ligazón entre as Oficinas de Emprego e a Rede de Polos, unha iniciativa autonómica que conta agora mesmo con 14 centros activos por todo o territorio, para favorecer as sinerxías de todo o ecosistema laboral


― Destacou que contribuirá a seguir trazando a senda de crecemento do mercado de traballo galego e puxo en valor que Galicia vén de rexistrar a cifra máis baixa de paro nun mes de setembro de toda a serie histórica


― O centro conta con persoal técnico especializado e ofrece espazos totalmente adaptados, con equipamento tecnolóxico para o deseño e fabricación de prototipos, salas de traballo para emprendedores e áreas de usos múltiples

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, inaugurou esta mañá o novo Centro de Orientación, Emprendemento e Innovación para o Emprego de Galicia, cuxo principal obxectivo é coordinar todas as actividades relacionadas co emprendemento e a orientación laboral na Comunidade, impulsando ademais un enfoque innovador en materia de emprego.
Durante a visita -na que tamén estiveron presentes membros do consello social da nova entidade- José González puxo en valor a importancia deste fito, que contribuirá a canalizar e fomentar as sinerxías de todo o ecosistema laboral, e que se suma a outras medidas xa implementadas polo Goberno autonónimo que levaron a Galicia a obter por parte da Unión Europea o recoñecemento de Rexión Emprendedora Europea 2025. Entre elas figura o lanzamento do Mapa de emprendemento, un espazo virtual que integra por primeira vez a todos os axentes, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio e que xa conta con 190 entidades adheridas.
O conselleiro destacou, ademais, que o novo centro actuará tamén de ligazón entre as Oficinas de Emprego e a propia Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, unha iniciativa autonómica que conta agora mesmo con 14 centros activos por todo o territorio, polo que supón un novo paso para seguir impulsando a iniciativa emprendedora, o fomento do emprego de calidade e a xeración de riqueza.
Asemade, resaltou tamén que axudará a seguir trazando a senda de crecemento do mercado laboral galego e puxo en valor que Galicia vén de rexistrar a cifra máis baixa de paro nun mes de setembro de toda a serie histórica, cun ritmo superior en case dous puntos ao resto de España, sendo a 3ª Comunidade Autónoma que acada unha maior baixada do paro na comparativa interanual.
A nova infraestrutura intégrase na Rede de Centros Públicos de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego que se establece a nivel estatal, contribuíndo así a reforzar a colaboración entre as diferentes Comunidades, estender as boas prácticas que se están levando en Galicia coa vontade de que poidan implantarse tamén noutras rexións e impulsar proxectos innovadores que fomenten a inserción laboral e o emprego de calidade.
Instalacións punteiras e inclusivas
Con sede na Coruña, o centro bota a andar con persoal cualificado para a orientación, o asesoramento e o acompañamento das persoas interesadas na creación e consolidación de proxectos empresariais e de xeración de emprego a través, por exemplo, de fórmulas como a economía social e o microemprendemento.

As instalacións ofrecen tamén ás persoas usuarias diferentes zonas orientadas ao cumprimento das súas funcións, como o espazo de emprendemento, o espazo Fab-lab, con equipamento tecnolóxico para talleres de deseño e fabricación de prototipos dos proxectos emprendedores -constituíndo así unha área de creación dixital-, ou o espazo de encontro e usos múltiples, destinado a eventos expositivos, relatorios, foros ou xornadas divulgativas.
Cómpre sinalar, ademais, que será un centro de referencia para o emprendemento inclusivo das persoas con discapacidade. Con este obxectivo, ofrece unhas instalacións punteiras e completamente adaptadas para facilitar a igualdade de oportunidades equitativas a todo o tecido emprendedor.

Relacionadas

Belén do Campo anuncia un investimento de máis de 157.000€ para as obras de...

0
A delegada da Xunta na Coruña que o obxectivo desta intervención é mellorar o estado de conservación deste ben inmoble incluído no Catálogo do...

A Xunta activa unha nova edición dos bonos activa comercio dotada con 2,5 M€...

0
― José González destacou o impacto desta iniciativa que xa leva máis de 6.100 negocios adheridos nas catro provincias e que prevé mobilizar 12...

A Xunta conmemora o aniversario do nacemento de Neira Vilas coa lectura continuada de...

0
Coincidindo con esta data, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude celebra hoxe o Día da lectura O secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

A conselleira do Medio Rural enxalza as prácticas tradicionais do agro na Festa da...

0
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, enxalzou hoxe a Festa da Matanza de Transmonte, no concello coruñés de Oroso, como unha celebración...

Un total de 680 estudantes de Bacherelaro e FP gozan dunha praza gratuíta ou...

0
— As prazas están destinadas a estudantes procedentes de localidades onde non exista a oferta académica que cursan, nin teñan a posibilidade de desprazarse —...

A Xunta participa na campaña da Unión Ciclista Europea para concienciar sobre a protección...

0
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na iniciativa ‘UEC Forest’ na que representantes de entidades como a Xunta colaboradoras na...

Publicacións Relacionadas