HomeXunta de GaliciaA Xunta pon en valor o pon en valor o Plan de...

A Xunta pon en valor o pon en valor o Plan de Transporte Público de Galicia que rexistra case 2,6M de servizos anuais

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, explicou no Parlamento galego a constante adaptación deste plan ás necesidades da cidadanía e o seguimento e control exhaustivo do seu funcionamento levado a cabo desde o Goberno galego

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, fixo balance hoxe no Parlamento de Galicia do Plan de Transporte Público de Galicia (PTPG), ao que a Xunta destina este ano case 150 millóns de euros, incluíndo o transporte interurbano e escolar, co obxectivo de ofrecer un servizo público “moderno, de calidade e en constante adaptación ás necesidades cambiantes das persoas usuarias”. Polo tanto, trátase dun plan “vivo” que experimentou un importante avance cuantitativo e cualitativo nos últimos anos ata acadar 3.600 liñas -case 300 máis que 2020- e máis de 58.500 paradas -máis de 7.000 por riba das rexistradas en 2020- con case 2,6 millóns de servizos ao ano.

O conselleiro incidiu na aposta da Xunta pola continua mellora deste servizo público colectivo de cara á súa optimización, para o que se realiza un constante seguimento do funcionamento e escoita das suxestións e reclamacións. Ademais destas peticións, contabilizáronse 1.400 inspeccións de transporte de viaxeiros por estrada en autobuses interurbanos e os inspectores da Xunta controlaron 240 expedicións de transporte integrado e 120 de transporte escolar no marco das campañas nas que colabora a Garda Civil de Tráfico.

Do mesmo xeito, o Goberno galego realiza mensualmente unha verificación dos servizos das 127 concesións cun sistema de xeolocalización de autobuses a través do sistema de axuda á explotación (SAE), do que Galicia é pioneira en España na súa implantación. Así, permite comprobar en tempo real o cumprimento dos servizos e os pasos por parada. Polo tanto, a Xunta realiza “un seguimento exhaustivo” con medidas de control que contribúen a garantir solucións áxiles ás incidencias que poidan xurdir.

O conselleiro de Presidencia sinalou que cando se detectan desaxustes ou incumprimentos nos servizos froito deste control “sistemático e exhaustivo”, a Administración autonómica actúa con modificacións de horarios e percorridos ou mesmo a incorporación de novas liñas se é preciso, ou coa apertura de expedientes ás empresas para garantir o cumprimentos das condicións dos contratos, como o medio cento incoado no que vai de ano.

Por outra parte, Diego Calvo puxo en valor medidas postas en marcha para continuar a mellorar o servizo como é o caso da nova concesión entre A Coruña, Lugo e A Mariña, que conta cun investimento anual de 4,7 millóns de euros e con 21 liñas para dar servizo a case medio cento de concellos e cun 25% máis de servizos respecto ao contrato anterior.

Neste contrato inclúese a posta en funcionamento o pasado 1 de xaneiro da Liña Conecta entre A Coruña e Lugo con 92 servizos semanais, a primeira da rede de transporte expreso impulsada polo Goberno galego para reforzar as conexións directas entre as principais cidades de Galicia. Ademais da Liña Conecta, o contrato incorpora outras melloras nas conexións da Mariña e Vilalba coas cidades da Coruña e Lugo, xa que os domingos e días de fin de ponte engádese un servizo de Viveiro á Coruña pola tarde para facilitar principalmente a mobilidade dos estudantes da Mariña que viaxan á cidade; actívase un novo servizo de Vilalba a Lugo para chegar á cidade lucense á primeira hora da mañá; e a liña que conecta Viveiro e Lugo pola Gañidoira prolóngase a Burela, mellorando as conexións deste concello coa capital da provincia con catro servizos ao día de luns a venres.

Na súa intervención, engadiu que hai case 600 servizos a semana que chegan a Lugo procedentes doutras localidades con preto de 9.000 usuarios que recalan na cidade en autobuses da rede de autobuses interurbanos da Xunta.

Publicacións Relacionadas