HomeXunta de GaliciaA Xunta presenta en Madrid a súa oferta de festivais, concertos e...

A Xunta presenta en Madrid a súa oferta de festivais, concertos e grandes citas que converten Galicia en referente nacional

- Anuncio -spot_img

Poranse en valor os Concertos do Xacobeo, a aposta turística da Comunidade e promoverase o talento musical galego

A Xunta de Galicia presentará en Madrid a súa oferta de festivais, concertos e grandes espectáculos enmarcados nos Concertos do Xacobeo que terán lugar durante este 2025 e que contribúen a posicionar Galicia como sede referente no norte peninsular deste tipo de grandes eventos.

Nun acto que terá lugar na Casa de Galicia en Madrid o xoves 22 de maio, o Goberno galego presentará a oferta turística de lecer que complementará con outros atractivos como as citas gastronómicas e tamén destacará a bonanza climática dunha comunidade que non acostuma a sufrir os rigores dunha calor extrema.

No mesmo, porase en valor a creación e a música que se fai na Comunidade coa participación musical de Luz Casal e Xosé Manuel Budiño, ademais dunha mesa redonda con participantes que disertarán sobre o éxito dos festivais desde diferentes visións.

Xa pola noite, o Teatro Eslava acollerá un concerto a cargo de Xosé Manuel Budiño, Señora Dj, Carlos Ares e Xoel López, toda un adianto das citas musicais do próximo verán en Galicia.

O programa Concertos do Xacobeo regresa este 2025 cun programa amplo e plural, que apoia os principais eventos musicais da comunidade. En total serán máis de 60 eventos e 500 bandas e artistas imprescindibles da escena musical internacional, nacional e galega, que visitarán Galicia ao longo de todo o ano.

Publicacións Relacionadas