Home Xunta de Galicia A Xunta promoverá a incorporación da intelixencia artificial ao sector turístico para...

A Xunta promoverá a incorporación da intelixencia artificial ao sector turístico para analizar a evolución dos destinos

- Anuncio -

— O director de Turismo de Galicia clausurou esta mañá a xornada ‘Decide o consumidor ou a intelixencia artificial?’ que tivo lugar na Cidade da Cultura


— Na inauguración, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria animou a tentar que a IA contribúa á escolla sempre dos produtos agroalimentarios galegos de calidade

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, referiuse esta mañá na Cidade da Cultura ás distintas accións do seu departamento para contribuír á dixitalización do sector turístico en Galicia, un proceso no que, ao seu xuízo, a intelixencia artificial será unha gran aliada que facilitará a xestión e planificación do destino.

Durante a clausura da Xornada Decide o consumidor ou a intelixencia artificial (IA)? nos ámbitos do turismo e a alimentación, Xosé Merelles destacou a recente adxudicación do Observatorio de Sostibilidade turística de Galicia que permitirá contar cun sistema de observación e análise integral, actualizar as metodoloxías estatísticas e monitorizar a evolución dos destinos.

Tamén neste apartado, referiuse á Estratexia de Turismo Galicia 2030 que afondará no uso da tecnoloxía máis punteira nas distintas áreas de actuación do eido turístico. “Crearemos un espazo de datos turísticos en Galicia, para que sexan compartidos e usados por toda cadea de valor turística e mesmo sectores afíns coma o cultural ou os servizos”, dixo.

Finalmente, Turismo de Galicia impulsará en 2025 un plan de formación en competencias dixitais de 2,5M€ para informatización e alfabetización de datos, comunicación e colaboración, creacións de contidos dixitais, seguridade e resolución de problemas, entre outros.

Xosé Merelles defendeu a incorporación desta ferramenta de innovación ao sector turístico destacando o “amplo abano de oportunidades” que presenta a IA para coñecer o perfil e necesidades, predicir a demanda e racionalizar a ocupación de aloxamentos.

IA nos procesos produtivos
Pola súa banda, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, destacou na inauguración da xornada que o evento serve para coñecer mellor o funcionamento da intelixencia artificial (IA) e a súa aplicación nos diferentes procesos produtivos, de transformación, de loxística e comercialización.

Ademais, animou a tentar que a IA contribúa á escolla sempre dos produtos agroalimentarios galegos de calidade diferenciada, que forman parte da tan valorada Dieta Atlántica. Neste sentido, puxo en valor as 38 marcas de calidade diferenciada recoñecidas en Galicia, compostas por 36 denominacións de orixe protexidas e indicacións xeográficas protexidas, pola agricultura ecolóxica e por Artesanía Alimentaria.

Ademais, Alemparte destacou a importancia de establecer sinerxías entre diferentes entidades para acadar un obxectivo común, nesta ocasión coa colaboración entre a Unión de Consumidores de Galicia e a Axencia de Calidade Alimentaria a través da “Guía de etiquetaxe dos alimentos”, que foi presentada na xornada, e no que se ten a oportunidade de afondar no coñecemento, recoñecemento e identificación das 38 marcas de calidade diferenciada recoñecidas en Galicia.

Relacionadas

A Xunta logra que o Goberno central rectifique a súa postura inicial sobre o...

0
— O Goberno central retira a exixencia dun informe vinculante do Estado cada vez que a Xunta pretenda outorgar unha concesión para obras ou...

A Xunta participa en Verín na entrega de premios da segunda quenda da campaña...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, pon en valor esta iniciativa desenvolvida en colaboración coa Federación Galega de Comercio á que...

A Xunta mostra en Bruxelas as súas medidas innivadoras recoñecidas pola Comisión Europea para...

0
— José González puxo como exemplo o software EMi, premiado hoxe mesmo, ou as que contribuíron a que Galicia acadase o premio Rexión Emprendedora...

A Carballa da Rocha convértese no quinto monumento natural de Galicia en contar cun...

0
― Ángeles Vázquez avanza que inclúe un programa de actuacións que prevé un investimento de preto de 350.000 euros nos próximos dez anos ― Incide...

A Xunta convoca as axudas para facilitar a persoas desempregadas a asistencia aos cursos...

0
— O DOG publica hoxe as bases para acceder a estas bolsas que inclúen financiamento para os gastos de desprazamento, manutención, aloxamento ou conciliación...

O Comité Europeo das Rexións destaca o ditame galego sobre o futuro da pesca...

0
— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou esta mañá na última sesión da comisión NAT do actual mandato do Comité...

Publicacións Relacionadas