Home Xunta de Galicia A Xunta logra que o Goberno central rectifique a súa postura inicial...

A Xunta logra que o Goberno central rectifique a súa postura inicial sobre o traspaso da xestión do litoral e incluirá as demandas galegas nunha nova proposta

- Anuncio -

— O Goberno central retira a exixencia dun informe vinculante do Estado cada vez que a Xunta pretenda outorgar unha concesión para obras ou instalacións non desmontables no dominio público marítimo-terrestre, unha cuestión que beneficiará tamén ao resto das comunidades autónomas litorais


— O Ministerio de Política Territorial asume o novo escenario aberto tras a aprobación da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia e a sentenza do Tribunal Constitucional que avalou a súa lexitimidade

A Xunta logra que o Goberno central rectifique a súa postura inicial sobre o traspaso á Comunidade das funcións, servizos e medios necesarios para asumir a xestión completa do litoral e incluirá as demandas galegas nunha nova proposta.

Logo dunha reunión celebrada hoxe de xeito telemático, a secretaria xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Carmen Bouso, e a directora xeral de Asuntos Constitucionais e Desenvolvemento Lexislativo, Isabel Concheiro, puxeron en valor que o director xeral de Cooperación Autonómica e Local do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, Rafael Brief, admitise as consideracións propostas pola Administración autonómica ao borrador de acordo remitido polo Executivo central o pasado mes de outubro sobre esta cuestión.

Nesa liña, fixeron fincapé en que o Goberno central retira a exixencia dun informe vinculante do Estado cada vez que a Xunta pretenda outorgar unha concesión para obras ou instalacións non desmontables no dominio público marítimo-terrestre (DPMT), requisito que suporía unha clara inxerencia estatal sobre as competencias autonómicas. Nese senso, Carmen Bouso e Isabel Concheiro incidiron en que esta cuestión beneficiará ao resto das comunidades autónomas do litoral.

A maiores, o representante estatal comprometeuse a enviar en breve un novo borrador adaptado ao escenario aberto tras a aprobación da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga) e a sentenza do Tribunal Constitucional que avalou a súa lexitimidade de cara a ultimar o traspaso efectivo das funcións, servizos e medios de xestión do litoral.

As responsables autonómicas insistiron en que a Comisión Mixta de Transferencias se celebre o antes posible así como na urxencia de concretar e cuantificar este traspaso porque é un paso fundamental para poder seguir co desenvolvemento da lei galega. De feito, en canto reciba o traspaso formal dos medios necesarios para asumir directamente todas as súas competencias neste eido, a Xunta ten o compromiso de comezar a traballar de inmediato na emisión dos primeiros informes e títulos relacionados coa xestión do litoral.

Comisión interdepartamental e Foro do litoral
De feito, a Xunta xa vén traballando nesta materia. Así, logo de constituír o pasado mes de outubro a Comisión interdepartamental de coordinación, que permitirá traballar de xeito transversal na xestión do litoral, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, mantivo unha serie de contactos con axentes e organizacións vencelladas coa costa para avanzar na creación do Foro do litoral. Neste senso, cómpre subliñar que, segundo recolle a propia lei, será o máximo órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento en materia de ordenación do litoral.
Galicia converteuse coa Lei de ordenación e xestión integrada do litoral na primeira comunidade española en regular a través dunha normativa propia e integral a franxa costeira en toda a súa extensión. A Xunta está a dar os pasos necesarios para o desenvolvemento dunha norma que permitirá xestionar os 2.500 quilómetros de costa da comunidade e 1,6 millóns de hectáreas terrestres e marítimas.

Relacionadas

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicrequesA isto...

Arranca `Nadal en Galicia’ cunha ampla axenda de eventos para potenciar o valor turístico...

0
Turismo de Galicia convida a participar en propostas como beléns, mercados e espectáculos que se celebran nas catro provincias Beléns para visitar, mercados para comprar...

Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes Claros realizadas...

0
A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer...

A Filmoteca de Galicia recibe a directora Carla Simón cun novo cheo do ciclo...

0
A Filmoteca de Galicia recibiu na tarde de onte a directora catalá Carla Simón para unha sesión do seu ciclo Close-Up sobre cinema e...

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
— O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicreques —...

As axudas da Xunta para mellorar a imaxe exterior de vivendas, edificios municipais e...

0
— Ángeles Vázquez explica que as entidades locais poden optar a axudas por importe máximo de 40.000 € e os propietarios particulares, a incentivos...

Publicacións Relacionadas