Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta publica o calendario laboral para 2025 e fixa como festivos...

A Xunta publica o calendario laboral para 2025 e fixa como festivos propios o 17 de maio e o 25 de xullo

- Anuncio -
  • A normativa estatal fixa 14 festivos: 12 marcados polo Estado e dous elixidos polos concellos
  • Dos 12 festivos de ámbito nacional, 9 son obrigatorios e só poden ser substituídos cando coincidan en domingo -polo luns seguinte- ou por outro día que lle sexa de interese á Comunidade Autónoma
  • No ano 2025 prodúcese esta circunstancia o 12 de outubro (Festa Nacional de España), que cae en domingo, polo que Galicia propón cambialo polo Día das Letras Galegas, o 17 de maio
  • Dos tres días festivos de carácter opcional, é dicir, que se poden substituír (Día de Reis, Xoves Santo, e San Xosé ou Día Nacional de Galicia), a Comunidade galega sempre opta polo 25 de xullo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2025 e no que se fixan como festivos propios o Día das Letras Galegas (17 de maio) e o Día Nacional de Galicia (25 de xullo). O calendario publícase tras o visto bo do Consello da Xunta e unha vez o Consello Galego de Relacións Laborais emitiu o correspondente ditame.

A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (18 de abril en 2025), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. No ano 2025 hai un festivo nacional de carácter obrigatorio que coincide en domingo: o 12 de outubro (Festa Nacional de España), que Galicia propón substituír polo 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Os outros tres festivos de carácter nacional son opcionais, é dicir, poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que en Galicia nunca se cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (que en 2025 se celebrará o 17 de abril), que na Comunidade galega non se modifica de xeito tradicional; e dáselle a opción ás comunidades de escoller como opcional entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. A Xunta sempre elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.

Polo tanto, as festas do calendario laboral para Galicia no 2025 que se determinan son: Aninovo (1 de xaneiro), Epifanía do Señor (Día de Reis – 6 de xaneiro), Xoves Santo (17 de abril), Venres Santo (18 de abril), Festa do Traballo (1 de maio), Día das Letras Galegas (17 de maio), Día Nacional de Galicia (25 de xullo), Asunción da Virxe (15 de agosto), Todos os Santos (1 de novembro), Día da Constitución Española (6 de decembro), Inmaculada Concepción (8 de decembro) e Natividade do Señor (25 de decembro). Ademais destes días, cada concello determina dúas xornadas festivas como propias da súa localidade.

Ligazón ao decreto no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240724/AnuncioG0767-170724-0001_gl.html

Relacionadas

A Xunta fai oficial a conversación da Escola de Cantería de Galicia nun Centro...

0
— O DOG publica o decreto co que a Consellería de Educación impulsa o centro, que suma catro novas titulacións e a contratación de...

Xosé Merelles loa o papel do Fesival Trece Roeis, que dinamiza a oferta turística...

0
O director de Turismo de Galicia visitou os espazos onde se desenvolve a cita que alcanza este ano a súa quinta edición co apoio...

Galicia situouse en xullo como o primeiro destino turístico do norte peninsular e o...

0
Os datos do INE feitos públicos hoxe constatan que a Comunidade galega destacou en volume de noites na totalidade dos establecementos de aloxamento O pasado...

O FICBueu volve contar coa colaboración da Xunta para unha nova edición con 15...

0
O certame de curtas de Bueu é unha das 10 citas cofinanciadas en 2024 pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da...

A Policía Autonómica realizou máis de 8.600 inspeccións e tramitou 1.600 denuncias relacionadas con...

0
A meirande parte da actividade centrouse na prevención e investigación de incendios forestais, con 7.755 inspeccións e 1.497 denunciasAdemais da loita contra o lume,...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

Publicacións Relacionadas