Home Lugo A Mariña Occidental A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no Rego de Bravos,...

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no Rego de Bravos, ao seu paso polo concello de Viveiro

- Anuncio -

As tarefas céntranse nun treito de preto de 2,5 quilómetros e inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, comezou a executar hoxe actuacións de conservación e mantemento no rego de Bravos, ao seu paso polo concello de Viveiro.

As tarefas, que se desenvolverán en preto de 2,5 quilómetros do rego de Bravos, ao seu paso polas parroquias de Galdo e Landrove, consisten na retirada de árbores e biomasa presente na canle fluvial para evitar atoamentos así como en labores de roza puntual de arbustos no acceso á canle.

As actuacións, que xa foron comunicadas ao concello de Viveiro, prolongaranse durante aproximadamente unha semana e realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoras co apoio de tractores e un camión.

Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo de conca autonómico, este tramo do rego de Bravos quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Cómpre subliñar que Augas de Galicia desenvolve este tipo de accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección.

O obxectivo é avanzar e mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas