Home Xunta de Galicia A Xunta recibe o premio ‘Personaje del Año’ polo seu labor de...

A Xunta recibe o premio ‘Personaje del Año’ polo seu labor de apoio á artesanía de Galicia

- Anuncio -

― O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, recolleu esta tarde en Madrid o galardón na categoría “Artesanía” outorgado polo semanario Fuera de Serie, do grupo Unidad Editorial


― Durante a súa intervención, Alén destacou que Artesanía de Galicia é unha marca consolidada e que se atopa na vangarda das tendencias contemporáneas que apostan polas producións locais, polo consumo consciente e pola sustentabilidade


― Entre as medidas do goberno galego para apoiar o sector destacou o programa formativo ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’ ou o proxecto ‘Artesanía no Prato’, que explora sinerxías coa gastronomía e o comercio de proximidade


― Os trofeos de todas as categorías foron elaborados polo ceramista Nacho Porto (Carnota), que xa fora o encargado de realizalos na edición do ano 2023

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta tarde en Madrid na gala de entrega dos premios Personajes del Año, impulsados pola revista Fuera de Serie, do grupo Unidad Editorial, e que recoñecen o labor de persoas ou institucións que chegaron ao máis alto da súa carreira profesional e son un exemplo para a sociedade. Gabriel Alén foi o encargado de recoller o galardón na categoría de ‘Artesanía’, que recaeu en Artesanía de Galicia, e que constitúe un importante recoñecemento nacional do labor da Xunta polo apoio á consolidación e desenvolvemento do sector artesán galego e á promoción da marca Artesanía de Galicia.

Durante a súa intervención, o director xeral destacou que se trata tamén dun recoñecemento a un sector heteroxéneo, que se está consolidando como actividade económica, cultural, contemporánea, sustentable e xeradora de emprego vinculado ao territorio. “Este é un premio para os nosos artesáns e artesás, ao seu talento creativo, á súa perseverancia por facer doutro xeito, por conservar, por transmitir unhas técnicas técnicas e uns oficios que implican un modo de vida, un respecto pola nosa cultura e pola nosa esencia, facendo tamén que o sector avance cara a novos horizontes”, sinalou.

No ano 2001 Galicia convértese na primeira Comunidade Autónoma en contar cunha marca propia coa creación de Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta, que hoxe en día é xa un selo consolidado como sinal de calidade e do feito en Galicia, reflexo dun sector diverso e en constante evolución, cunha grande capacidade de resiliencia. Gabriel Alén destacou que os valores da artesanía encaixan coa vangarda das tendencias contemporáneas que apostan polas producións locais, polo consumo consciente e pola sustentabilidade.

Entre as medidas de apoio do goberno galego para apoiar o sector artesanal destacou o programa formativo ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’, para a conservación dos oficios e o impulso ao relevo xeracional ou o proxecto ‘Artesanía no Prato’, que busca incorporar a Artesanía de Galicia ao ámbito da gastronomía, a dinamización do comercio de proximidade e do turismo a través da artesanía ou a concienciación da sociedade do valor do produto artesanal a través de diferentes iniciativas de divulgación dos nosos oficios.

O acto celebrouse na Real Academia de Belas Artes de San Fernando e os trofeos de todas as categorías foron elaborados polo ceramista Nacho Porto (Carnota), que xa fora o encargado de realizalos na edición do ano 2023.

Relacionadas

A Xunta lamenta que o Goberno non atendese as súas alegacións ao novo regulamento...

0
― José González remarcou a falta de sensibilidade do Executivo ante a postura defendida por Galicia en coordinación co terceiro sector, desbotando a figura...

A Xunta desenvolve un proxecto piloto para instalar puntos de carga sostibles en centros...

0
— Ángeles Vázquez subliña que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destinará 170.000 euros para financiar actividades e formación de persoal e...

A Xunta destaca a importancia de que as entidades asentadas no territorio e coñecedoras...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a súa contribución é vital para optimizar a xestión e a protección daqueles elementos de valor máis sensibles en...

Xosé Merelles gaba o papel diversificador do Camiño de Inverno que medrou o 42%...

0
— O director de Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Municipios para a promoción e mellora da experiencia dos...

A Xunta prevé executar en 2025 labores de conservación e limpeza en arredor de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que o organismo hidráulico destinará 2,7 M€ o vindeiro ano á realización deste tipo de traballos, que inclúen a retirada...

A Xunta subliña que o proxecto de recuperación de soutos e castiñeiros de Nogueira...

0
O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na presentación do proxecto Transformación bioeconómica forestal en Nogueira de Ramuín...

Publicacións Relacionadas