test
Home Xunta de Galicia A Xunta reforza a colaboración con entidades sociais de Galicia para garantir...

A Xunta reforza a colaboración con entidades sociais de Galicia para garantir a protección das persoas consumidoras máis vulnerables

- Anuncio -
  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asinou hoxe en Santiago de Compostela convenios de colaboración con nove asociacións para o desenvolvemento de actividades de carácter formativo e informativo
  • A sinatura tivo lugar no marco dunha xuntanza de traballo con diferentes colectivos representativos das persoas máis vulnerables para identificar liñas de traballo futuras dirixidas a reforzar a protección no eido do consumo
  • Desenvolveranse máis de 50 talleres formativos sobre temáticas como os dereitos básicos das persoas consumidoras e usuarias, os servizos financeiros ou a subministración de enerxía

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está a impulsar e reforzar a colaboración con diferentes entidades sociais para garantir a protección das persoas consumidoras máis vulnerables. Así, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, participaron hoxe nunha reunión de traballo con diferentes asociacións representativas de colectivos vulnerables para identificar liñas de traballo dirixidas á protección destes colectivos no eido do consumo.

Nesta xuntanza asináronse convenios de colaboración para o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo e informativo con Cáritas Diocesana de Santiago, Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo; Once-Galicia, Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (Fegaus); o IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Provivienda.

A través da cooperación con estas organizacións está prevista a realización de máis de 50 talleres sobre diferentes temáticas que se poderán impartir de xeito telepresencial e/ou presencial entre os meses de maio e decembro, e que inclúen a formación de formadores dirixida a entidades e persoas colaboradoras, técnicos e persoal de atención para que poidan difundir as práticas de consumo responsable entre os distintos colectivos usuarios e chegar ao maior número de persoas posible.

En canto ás temáticas, abordaranse os dereitos básicos das persoas consumidoras, o endebedamento, os servizos financeiros e as distintas problemáticas relacionadas cos servizos de subministración de enerxía.

Relacionadas

Xosé Merelles salienta a consolidación do festival Portamérica como atractivo turístico de Pontevedra

0
O director de Turismo de Galicia participa xunto o delegado da Xunta en Pontevedra na presentación do festival que arranca este xoves no concello...

Galicia avanza na desestacionalización cun cremento do 5% no número de viaxeiros aloxados nos...

0
Segundo as cifras do INE feitas públicas hoxe, rexistrou máis de 2,1 millóns de viaxeiros e máis de 3,5 millóns de noites no conxunto...

A Xunta destaca as visitas a Cortegada como unha opción de turismo sostible en...

0
O ano pasado acudiron á illa preto de 10.000 persoas, unha cifra moi superior ás máis de 7.600 de 2022 e ás 5.700 do...

Xosé Merelles reivindica o papel clave do asociacionismo xacobeo para o futuro do...

0
Asiste en Santiago á primeira asemblea da nova federación europea de asociacións xacobeas Camino Europa Compostela que representa unha vintena de paísesDestaca que o...

Rueda destaca a aposta da Xunta por mellorar as infraestruturas para reforzar os servizos...

0
Salienta as actuacións realizadas en Sanxenxo, “un dos concellos turísticos máis importantes de toda España”Asegura que estas obras de humanización permiten “ordenar o tráfico,...

Lorenzana salienta a aposta da Xunta por reforzar as competencias da Xera en materia...

0
O CIS-Madeira é un dos dous centros de investigación adscritos á Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) xunto co Centro de Investigacións Forestais de...

Publicacións Relacionadas