Home Xunta de Galicia A Xunta salienta o impulso do emprego feminino nun mercado de traballo...

A Xunta salienta o impulso do emprego feminino nun mercado de traballo que rexistra as mellores cifras de paro dun mes de setembro de toda a serie histórica

- Anuncio -

― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, respondeu na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego a dúas preguntas sobre a evolución do emprego en Galicia


― Fixo balance da orde pioneira lanzada este ano para impulsar a contratación feminina en sectores masculinizados, que prevé elevar ás 100 o número de mulleres beneficiarias


― Sinalou a eficacia das políticas activas de emprego postas en marcha pola Xunta, destacando que en termos anuais o desemprego en Galicia baixou en setembro nun 7,39%, a un ritmo maior que en España, sendo a 3ª CCAA con maior baixada de paro

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, puxo en valor a eficacia das políticas activas de emprego impulsadas pola Xunta, que se reflicten nos bos datos do mercado laboral galego, que vén de rexistrar o mellor mes de setembro de toda a serie histórica e no que tamén se acadan as cifras máis baixas desde 2005 de desemprego entre as mulleres. Fíxoo hoxe no marco da Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento, onde respondeu a dúas preguntas relacionadas, respectivamente, ca creación de emprego feminino e a valoración das medidas postas en marcha polo Executivo no eido do traballo.
Pablo Fernández salientou que para o Goberno galego é unha prioridade promover a presenza e igualdade efectiva de homes e mulleres no mercado laboral, o que se reflicte na transversalidade das políticas activas de emprego desenvolvidas polo Executivo, tanto no tocante ás liñas de axudas á contratación como ás de impulso do emprego autónomo, nas que a condición de muller se incentiva con porcentaxes maiores de axuda.
Neste contexto, puxo en valor o programa Galicia Emprega, cunha liña específica para a contratación indefinida de mulleres dotada de 7 millóns de euros, ou a orde pioneira lanzada este ano -un dos compromisos electorais do presidente Rueda- para impulsar a contratación de mulleres desempregadas en sectores tradicionalmente masculinizados, unha medida dotada de preto de 1,7 millóns de euros coa finalidade de contribuír a incrementar as baixas taxas de ocupación en ditas ocupacións. Pablo Fernández destacou o éxito desta iniciativa, que prevé élevar ás 100 o número de mulleres beneficiadas.
Do mesmo xeito, o secretario xeral puxo en valor que fomentar o emprendemento feminino é unha das liñas básicas de actuación da Xunta de Galicia no marco da igualdade de oportunidades. Fernández destacou o papel da Rede de polos -na que xa se asesoraron máis de 2.400 proxectos, aproximadamente o 60% dos mesmos impulsados por mulleres- e lembrou que este ano se levan destinado máis de 50 millóns de euros ao colectivo de autónomos, con impacto directo en máis de 3.000 mulleres.
Fernández puxo en valor, asemade, dous proxectos da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para seguir dando pasos nesta vía: por unha banda, a convocatoria xunto coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da 3ª edición do programa Que non te líen, ti elixes, na que participarán 97 centros de secundaria para promover a elección de profesión sen atender a prexuízos de xénero e, por outra, o impulso ao Campus en liña en materia de igualdade laboral, coa programación de 40 novos cursos e talleres co obxectivo de acadar en xuño de 2025 o fito de 120 accións formativas realizadas.
Compromiso co emprego de calidade
Por outra banda, en resposta á pregunta sobre a eficacia das medidas de emprego impulsadas pola Xunta de Galicia, sinalou que os resultados positivos que se reflicten tanto na Enquisa de Poboación Activa (EPA) como nos datos do paro avalan estas políticas.

Neste senso, destacou que o mercado laboral de Galicia continúa na súa senda de crecemento e acada, con 120.992 persoas, a cifra de paro máis baixa nun mes de setembro de toda a serie histórica (desde 1996). A comunidade galega rexistra 1.085.846 persoas afiliadas, a cifra máis alta nun mes de setembro desde o ano 2008 e que aumenta en 14.734 persoas en relación co mesmo mes do ano pasado. O secretario xeral indicou que, en termos anuais, o desemprego en Galicia baixa nun 7,39%, a un ritmo maior que en España de case dous puntos, sendo a 3ª Comunidade Autónoma con maior baixada de paro no último ano. Nesta evolución anual, tamén cae o paro nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e tamén en colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración.

Na súa intervención, o secretario xeral tamén fixo fincapé na aposta permanente polo diálogo social que ten a Xunta no deseño das súas políticas de emprego e resaltou que Galicia é a comunidade autónoma que mellor está executando os fondos de formación para o emprego da poboación activa, o que lle permitiu recibir 7 millóns de euros adicionais traspasados doutras rexións.

Relacionadas

A Xunta nomea os membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva co inicio do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu ao acto de renovación deste organismo enmarcado na Lei do Deporte de Galicia O conselleiro de Presidencia,...

Galicia solicita no Senado a revisión do nivel de protección do lobo e que...

0
Ángeles Vázquez insiste na necesidade de adoptar medidas ante a situación insostible que está a soportar o sector gandeiro polo elevado número de ataques...

A Xunta pon en marcha a sexta edición da campaña escolar Pilabot para concienciar...

0
— Os 150 colexios de Primaria e Secundaria participantes terán seis semanas lectivas para xuntar este tipo de residuos, con prazo límite ata o...

A Xunta avanza da man de patronal e sindicatos no marco do diálogo social...

0
― José González salienta a importancia do Diálogo Social e de reforzar a súa transversalidade co gallo dunha xuntanza para avaliar os orzamentos e...

A Xunta amplía en case un 70% o orzamento das axudas extraordinarias ao retorno

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que recolle este incremento que permitirá atender a alta demanda do programa e beneficiar...

Rueda pon en valor a contribución da Xunta na posta en marcha da residencia...

0
Aos preto de 340.000 euros destinados á construción e equipamento, súmanse os 750.000 euros anuais que achegará o Goberno galego para o mantemento de...

Publicacións Relacionadas