Home Xunta de Galicia A Xunta sitúa o servizo de asistencia xurídica gratuíta en Galicia como...

A Xunta sitúa o servizo de asistencia xurídica gratuíta en Galicia como “referente a nivel estatal pola súa eficacia, solvencia e carácter pioneiro

- Anuncio -
  • O director xeral de Xustiza compareceu no Parlamento para dar conta dos avances na materia, que enmarcou no diálogo constante cos colectivos representantes dos profesionais da avogacía e a procuradoría
  • A Xunta destinou desde 2010 máis de 167M€ á prestación do servizo, con incrementos en todos os conceptos

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, compareceu hoxe no Parlamento galego para abordar a prestación do servizo de asistencia xurídica gratuíta en Galicia, que situou como “referente a nivel estatal pola súa eficacia, solvencia e carácter pioneiro”. Tronchoni repasou as melloras que demostran “a boa saúde do sistema da quenda de oficio” na comunidade galega, enmarcadas nunha constante vontade de diálogo entre a Xunta e os colectivos representantes dos profesionais da avogacía e a procuradoría.

Como resultado deste estreito contacto, o director xeral referiuse ás recentes melloras pactadas co Consello da Avogacía Galega, os sete colexios da avogacía de Galicia e o Consello Galego de Procuradores no marco do compromiso conxunto por alcanzar solucións que beneficien tanto a profesionais do ramo como á poboación. Entre elas figuran a actualización e inclusión de novos conceptos no baremo de indemnizacións ou a redución da tramitación no pago da representación e defensa das persoas insolventes que non teñen recoñecido o servizo de dereito de xustiza gratuíta.

A maiores, incluiranse no baremo de indemnizacións conceptos como a intervención letrada en entradas e rexistros domiciliarios, o proceso concursal e procesos de especial complexidade en todas as ordes. Ademais, prevese unha revisión de todas as cantidades do baremo.

Nesta liña destacou que Galicia é unha das comunidades cos baremos máis elevados e das máis áxiles no seu pagamento, e que establece o incremento das compensacións fixadas conforme o IPC a partir de xaneiro de 2024. O director xeral salientou tamén que a comunidade galega é das poucas que ten incorporado a defensa e representación de persoas xurídicas nos procedementos penais, así como o acompañamento inicial a vítimas especialmente vulnerables.

Segundo indicou o director xeral, desde 2010 a Xunta destinou á asistencia xurídica gratuíta máis de 167 millóns de euros, con incrementos en todos os conceptos ao longo do período. En canto ao mantemento da infraestrutura do servizo de asistencia xurídica gratuíta e da quenda de oficio, José Tronchoni apuntou que só en 2023 supuxo un investimento superior aos 876.000 euros, un 7% máis que no ano anterior.

Relacionadas

Xosé Merelles anima a explorar “os retos e oportunidades” do Camiño no horizonte do...

0
O director de Turismo de Galicia participa en Mondoñedo na inauguración do encontro ‘Os Camiños de Santiago en Galicia, o seu coñecemento e divulgación’ O...

Constituido o Posto de Mando Avanzado que coordinará o dispositivo de seguridade de case...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe o Posto de Mando Avanzado habilitado no Monte do Gozo para garantir a...

A Xunta duplicará a rede de aforos de Galicia-Costa ata chegar a 95 estacións...

0
Ángeles Vázquez subliña a importancia de dispoñer dun sistema automático de medición en tempo real xa que ofrece información clave para o seguimento de...

A Xunta aposta por dixitalizar a xestión da auga para facela máis eficiente e...

0
Galicia participa en Avilés nunha xornada sobre o PERTE para a dixitalización do ciclo da auga, unha ferramenta da que a comunidade galega recibe...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés colabora mañá en colaboración con AECC...

0
Haberá instaladas mesas informativas nos tres hospitais e nunha decena de centros de saúde, nas que o persoal sanitario e voluntariado da Asociación Española...

Rueda destaca a Feira Internacional Abanca Semana Verde como mostra da potencia do rural...

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a Feira internacional Abanca Semana Verde como unha mostra da potencia e das oportunidades de futuro...

Publicacións Relacionadas