Home O Morrazo Cangas A Xunta súmase ao recoñecemento ao labor das agrupacións de voluntarios de...

A Xunta súmase ao recoñecemento ao labor das agrupacións de voluntarios de Protección Civil no concello de Cangas

- Anuncio -

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu ao acto de entrega de distincións a institucións e persoas que colaboran coa Protección Civil no marco da celebración do patrón da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe en Cangas do Morrazo no acto de distinción a institucións e persoas que colaboran coa Protección Civil. O evento desenvolveuse no marco da celebración do patrón da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) desta localidade pontevedresa.

A Xunta pon así de manifesto o seu recoñecemento ao labor dos servizos de emerxencias dos concellos, un apoio que tamén se materializa cada ano con axudas ao seu funcionamento e en equipamento. O obxectivo é que estes efectivos conten cos recursos precisos para desenvolver o seu traballo a prol da seguridade e o benestar cidadá nas mellores condicións.
Só neste ano, as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Galicia reciben preto de 800.000 euros a través das dúas ordes de axudas, para funcionamento e equipamento. A primeira delas, xa resolta, beneficiou case 200 colectivos.
Canto ao apoio á AVPC de Cangas en achegas económicas e dotacións nos últimos anos, a contía ascende a case 240.000 euros. Entre o equipamento máis recente cómpre sinalar un conxunto de ferramentas de excarceración cun valor de 44.500 euros ou o cofinanciamento dun vehículo autobomba con 55.600 euros.

Relacionadas

Concello de Nigrán retira 20kg de lixo de desembocadura do río Muíños na XVI...

0
Unha quincena de voluntarios de todas as idades participaron o domingo na xornada, atopándose fundamentalmente envases plásticos e botellas O Concello de Nigrán sumouse como...

O Concello reúnese coa veciñanza de Pedreiras de Abaixo para explicarlle de primeira man...

0
Os concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín explicaron que o proxecto do seguinte tramo no que se actuará está adaptándose aos actuais prezos do...

Posta en valor do CIP de Mogor: nova iluminación e sinaléctica para revitalizar a...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou o centro, que se atopa inmerso na execución destas melloras. Está previso que as obras finalicen cara...

Diego Calvo pon en valor a importancia do tecido empresarial para atraer investimentos e...

0
— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe nunha xuntanza de traballo co foro empresarial Vicus Gallaecia — Destacou a...

O mércores 27 de setembro inaugúrase a exposición “Cartografía de a Raia” no Museo...

0
A exposición poderase visitar ata o vindeiro 8 de outubro en horario de mércores a domingo de 11 a 14 h y de 17...

O Concello do Rosal avanza na mellora da súa eficiencia enerxética con dúas novas...

0
A súa instalación sae a licitación por un importe de case 95.000 euros financiados ao abeiro do Fondo de Cooperación Local O Rosal camiña con...

Publicacións Relacionadas