Home A Coruña “Traballando en lingua nas redes sociais”, próxima proposta para o curso de...

“Traballando en lingua nas redes sociais”, próxima proposta para o curso de verán da UDC sobre dinamización lingüística

- Anuncio -

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Xa está aberto o prazo de inscrición para o XVII Curso de verán sobre dinamización lingüística que organiza a Universidade da Coruña (UDC), e que un ano máis terá como sede o noso concello. A cita, os días 16 e 17 de xullo no Pazo da Cultura, onde seguiremos Traballando en lingua.
Esta edición centrarase en fomentar e analizar o uso da lingua a través das redes sociais e nas ferramentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos derivados do binomio sociedade e tecnoloxías. Como todos os anos, esta edición tamén se alicerza no uso e na mellora do seu proceso de normalización, traballando os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos etc. máis adecuados para tal propósito.

As sesións constan de relatorios, comunicacións, mesas redondas e obradoiros para avaliarmos experiencias e propormos medidas e accións de intervención en actividades para implicaren distintas entidades e persoas. As intervencións teñen como nexo promoveren o uso da lingua nas redes sociais, para alén de sesións destinadas a repararen no suceso de produtos e empresas que só utilizan a lingua propia nos seus proxectos comunicativo-sociais.

Obxectivos
 Analizar e deseñar estratexias e accións para poren en valor e incrementaren o uso e a visibilización do galego nas redes sociais.
 Detectar e estudar problemas e preconceptos existentes arredor do uso da lingua galega nos ámbitos coas redes sociais etc.
 Valorizar o galego e a cultura propia como recurso de interese para actividades e proxectos emanados das redes sociais.
 Formular unha proposta de boas prácticas lingüísticas no ámbito das redes sociais.
 Coñecer e valorizar experiencias positivas de uso do galego na sociedade da información.

Persoas destinatarias
Persoas que traballan ou que están interesadas no proceso de normalización da lingua galega, nomeadamente técnicos/as de normalización lingüística, docentes, dinamizadoras/es socioculturais, estudantes, membros de asociacións, de empresas de dinamización social, lingüística ou cultural, técnicas/os de cultura, animadoras/es, intérpretes, tradutoras/es etc.
Matrícula e participación
O custo da matrícula inclúe a participación en todas as actividades do curso, o material que se utilizar, os cafés conxuntos e o xantar dos dous días.
• Para estudantes de calquera universidade, comunidade universitaria da UDC e persoas desempregadas: 30 €
• Para o resto de persoas: 50 €

O número de participantes está limitado a 65 persoas, por orde de inscrición. A matrícula débese facer en liña (preme aquí). O prazo remata o día 11 de xullo.

O curso de verán está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística e a Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte da UDC coa colaboración do Concello de Carballo e da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Relacionadas

Inés Rey destaca o traballo das máis de 350 nenas e nenos que expuxeron...

0
Durante esta tarde de venres as persoas participantes nesta edición amosáronlle á cidadanía na praza de María Pita os seus proxectos A alcaldesa, Inés Rey,...

Paderne celebra a súa memoria viva con máis de 200 maiores

0
 O goberno local homenaxeou á veciñanza máis veterana do municipio na Festa dos Maiores, un día con misa, un pleno simbólico e comida...

Neda pretende contar con catro áreas infantís dentro da Rede galega de parques sen...

0
A localidade foi unha das primeiras en sumarse a esta iniciativa autonómica de concienciación No Día Mundial sen Tabaco, o Concello Neda avanza a intención...

En marcha a campaña municipal de desbroce na rede viaria

0
Invístense 140.000 euros para actuar en 300 km de estradas, 83 km de camiños forestais e 32 hectáreas de terreos. O Concello iniciou a campaña...

O Concello obtén o Ciclo Medio en Carrozaría para o IES Eduardo Pondal e...

0
 A formación comezará a impartirse xa no vindeiro curso 2024-2025 e contará con 22 prazas  “As conversas coa Xefatura Territorial de Educación deron...

O PSdeG e as XSG presentan emendas ao regulamento do Consello Municipal de Mocidade...

0
Propoñen a creación dunha Comisión Executiva “real” e un pleno con representación da mocidade e con capacidades propias, incluíndo a participación no orzamento do...

Publicacións Relacionadas