Home A Coruña O Concello habilita un servizo especial de autobuses entre ExpoCoruña e a...

O Concello habilita un servizo especial de autobuses entre ExpoCoruña e a praza de Pontevedra o domingo polo partido do Real Club Deportivo

- Anuncio -

As lanzadeiras, cunha frecuencia de 15 minutos, estarán operativas entre as 15.00 e as 18.45 horas para a ida e entre as 21.15 e 00.00 horas para a volta

O Concello da Coruña habilitará este domingo un servizo especial de transporte con motivo do partido que enfrontará ao Real Club Deportivo e ao Fútbol Club Barcelona B a partir das 19.00 horas no estadio municipal de Riazor. Ante a previsión da chegada á cidade dun gran número de afeccionados desde outros puntos da área metropolitana e Galicia, o Goberno de Inés Rey habilitará unha grande área de aparcadoiro no campus universitario de Elviña e na contorna do Coliseum e ExpoCoruña.

O servizo especial de autobuses lanzadeira comunicará os aparcadoiros do campus e do Coliseum coa praza de Pontevedra. O servizo de autobuses terá unha frecuencia de 15 minutos e estará operativo entre as 15.00 e as 18.45 horas entre ExpoCoruña e a praza de Pontevedra e, tras o partido, entre as 21.15 e as 00.00 horas no sentido inverso.

Entre as 15.00 e as 18.45 horas os autobuses partirán da avenida da Universidade, xunto a ExpoCoruña, e circularán en primeiro lugar cara ao campus de Elviña, facendo paradas xunto á Facultade de Socioloxía, a Facultade de Informática e a rúa Aurelio Aguirre (xunto ao edificio de sindicatos). Tras as paradas, os autobuses incorporaranse á avenida de Alfonso Molina e chegarán directos á praza de Pontevedra, diante do instituto Eusebio da Guarda.

Tras o partido, entre as 21.00 e as 00.00 horas, os autobuses levarán a cabo o percorrido inverso, partindo da praza de Pontevedra e chegando á contorna do campus e de ExpoCoruña, tamén cunha frecuencia de 15 minutos. As persoas que empreguen este servizo especial habilitado polo Concello en colaboración coa Compañía de Tranvías deberán aboar o billete habitual do transporte urbano coruñés, xa sexa a tarifa xeral ou as bonificadas.

Con este dispositivo o Goberno de Inés Rey busca facilitar os desprazamentos ás o aos cidadáns que se acheguen ata o estadio de Riazor a animar ao seu equipo nunha xornada tan especial.
O dispositivo do domingo completarase cun reforzo dos medios de emerxencias dos que dispón o Concello da Coruña. Nese sentido, o dispositivo estará formado por 40 integrantes de Protección Civil, 8 bombeiros, 50 policías durante o día e 10 máis pola noite. Ademais, tamén se contará co habitual reforzo da Policía Nacional para grandes eventos. Espérase a presenza dos efectivos de Seguridade Cidadá nos principais puntos de afluencia de persoas durante a xornada, incluída a contorna do campus de Elviña. Hai previstos cortes de tráfico na rúa San Xoán, na contorna do Campo da Leña e no paseo marítimo en función da afluencia de siareiros e siareiras.

Relacionadas

Inés Rey destaca o traballo das máis de 350 nenas e nenos que expuxeron...

0
Durante esta tarde de venres as persoas participantes nesta edición amosáronlle á cidadanía na praza de María Pita os seus proxectos A alcaldesa, Inés Rey,...

Paderne celebra a súa memoria viva con máis de 200 maiores

0
 O goberno local homenaxeou á veciñanza máis veterana do municipio na Festa dos Maiores, un día con misa, un pleno simbólico e comida...

Neda pretende contar con catro áreas infantís dentro da Rede galega de parques sen...

0
A localidade foi unha das primeiras en sumarse a esta iniciativa autonómica de concienciación No Día Mundial sen Tabaco, o Concello Neda avanza a intención...

En marcha a campaña municipal de desbroce na rede viaria

0
Invístense 140.000 euros para actuar en 300 km de estradas, 83 km de camiños forestais e 32 hectáreas de terreos. O Concello iniciou a campaña...

O Concello obtén o Ciclo Medio en Carrozaría para o IES Eduardo Pondal e...

0
 A formación comezará a impartirse xa no vindeiro curso 2024-2025 e contará con 22 prazas  “As conversas coa Xefatura Territorial de Educación deron...

O PSdeG e as XSG presentan emendas ao regulamento do Consello Municipal de Mocidade...

0
Propoñen a creación dunha Comisión Executiva “real” e un pleno con representación da mocidade e con capacidades propias, incluíndo a participación no orzamento do...

Publicacións Relacionadas