Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta traballa nun marco normativo para que Santiago xestione e implante...

A Xunta traballa nun marco normativo para que Santiago xestione e implante a súa taxa turística

- Anuncio -

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, avanzou esta medida hoxe á alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, no encontro mantido en Santiago onde indicou que a partir do 1 de xaneiro terá a habilitación legal necesaria para aplicar a taxa

Salientou que a proposta municipal debe incluír tres aspectos: ser recadada polo Concello, consensuada co sector e destinarse a medidas de sustentabilidade turística

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo hoxe un encontro coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín e a concelleira de Turismo, Miriam Louzao, onde lle avanzou a postura da Xunta de Galicia en relación á petición do goberno municipal para a instauración dunha taxa turística na cidade. Como avanzou Xosé Merelles, o Goberno autonómico está traballando nunha proposta normativa que regulará o marco no que os concellos que así o consideren poidan xestionar este tributo. Unha normativa, dixo, que terá que debater e aprobar o Parlamento de Galicia coa intención de que a partir do 1 de xaneiro o Concello de Santiago poida ter a habilitación legal necesaria para aplicar a taxa.

“O Goberno autonómico non se opón á implantación da taxa na cidade de Santiago sempre e cando resolva os problemas que o Concello asegura ter por mor da actividade turística”, explicou Xosé Merelles. Neste sentido, indicou que a normativa autonómica fixará tres aspectos clave de cara á súa implantación: a taxa non será aplicable de xeito xeral a toda a comunidade galega, senón que a implantarán os concellos que así o estimen voluntariamente, que, ademais, deberán xestionar, recadar e inspeccionar este imposto directamente.

Ademais, a taxa turística deberá estar claramente condicionada a fins de sustentabilidade turística e resultará imprescindible a consulta cos sectores afectados, especialmente os que representan o tecido turístico da cidade e que se consensúe con el os fins que se recaden.

Xosé Merelles reiterou que o Concello de Santiago de Compostela foi o único que solicitou a implantación deste imposto. “Non estamos aprobando unha taxa turística para toda a Comunidade galega, porque a realidade turística actual non indica que sexa preciso. O que facemos con este marco legal é, dentro das nosas competencias, dar as ferramentas aos concellos que queiran instaurar este tributo no seu termo municipal e se responsabilicen da súa xestión e funcionamento”, explicou.

O director de Turismo de Galicia apelou á “responsabilidade e reflexión” sobre a implantación desta medida “e que non se lance a mensaxe equivocada de se hai demasiados visitantes nun destino. Non é o caso de Galicia”, sentenciou.

Relacionadas

Diego Calvo participa como piloto nun dos tramos da oitava edición do ‘Eco Rallye...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou a importancia deste evento que reuniu a medio cento de pilotos e que pasará ata o...

Diego Calvo asistiu ao acto de apertura do ano xudicial en Galicia

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, xunto co director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e a delegada territorial da Xunta na...

A Xunta participa na I Edición dos premios Arte&Comunicación que recoñecen o talento e...

0
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou hoxe na I Edición dos Premios Arte&Comunicaciones onde entregou á firma Seguridade...

A Xunta pon o Centro de Innovación Norvento Enerxía como exemplo de desenvolvemento sostible...

0
Ángeles Vázquez salienta o máximo apoio e impulso da Administración autonómica ás enerxías renovables, á descarbonización e ao emprego verde co obxectivo de garantir...

A doutora María Encarnación Lucaaas é a nova directora de Atención Hospitalaria da Área...

0
― O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe, número 182, a orde da Consellería de Sanidade co seu nomeamento ―...

Máis dun milleiro de persoas participan mañá na proba de coñecementos do proceso selectivo...

0
Os aspirantes realizarán este primeiro exercicio da oposición no recinto feiral de Silleda e, a continuación, as persoas non exentas someteranse ao segundo exercicio...

Publicacións Relacionadas