Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta traballará en coordinaciòn cos axentes sociais traballarà en coordinaciòn cos...

A Xunta traballará en coordinaciòn cos axentes sociais traballarà en coordinaciòn cos axentes sociais para facer fronte ao absentismo laboral e artellar posibles solucións

- Anuncio -
  • González apelou a manter sempre activo os procesos de escoita activa co tecido empresarial porque afirmou que a colaboración público-privada é a chave para seguir avanzando no progreso e crecemento de Galicia
  • Salientou a cooperación estreita con empresas e clústeres de Galicia para impartir formacións á carta e de curta duración para garantir a reciclaxe dos traballadores e dar saída ás vacantes de traballo
  • A Xunta traballa na confección dunha estratexia para o emprendemento e segue a impulsar o Mapa de emprendemento virtual que xa conta con máis de 180 entidades
  • O conselleiro puxo en valor o Programa Retorna Cualifica Emprego e apuntou que se pontenciará da man das empresas galegas para favorecer á volta a casa dos retornados galegos e primeira, segunda ou terceira xeración

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, avanzou hoxe que a Xunta traballará en coordinación con todos os axentes sociais para facer fronte ao absentismo laboral e artellar posibles solucións. Na clasura da segunda edición do Encontro de organizacións e entidades empresariais de Galicia: Sinerxías 2024, que se celebrou en Vigo, González mostrou a súa preocupación por este problema estrutural en Galicia e sinalou a necesidade de abordalo para que as empresas poidan ser cada vez máis produtivas e competitivas.

Así, apelou ao manter activo sempre os procesos de escoita activa con todos os axentes sociais e económicos para buscar solucións a este asunto e a outros para seguir facendo de Galicia unha terra próspera e de oportunidades. González, neste senso, avogou unha vez máis polo Diálogo Social e pola colaboración público-privada que na súa opinión, é chave para seguir avanzando no progreso e crecemento de Galicia.

Outro dos asuntos que abordou na súa intervención foi a necesidade de dar cobertura ás 15.000 vacantes laborais que existen no mercado de traballo de Galicia e, ao respecto, lembrou a colaboración estreita que mantén a Xunta con empresas e principais clústeres e entidades empresariais galegas para a impartición de formacións de curta duración aos traballadores para garantir a súa reciclaxe e dar resposta ás neceidades de cada sector produtivo. González referiuse á importancia da flexibilidade na formación para o emprego para poder casar oferta con demanda. Nesta liña comentou que son primordiais as unidades formativas nas empresas e seguir avanzando coa pioneira ferramenta Emi, que mediante intelixencia artificial conecta datos en tempo real nas oficinas de emprego.

Pulo ao emprendemento

O conselleiro, así mesmo, referiuse ao impulso que a Xunta está a dar ao emprendemento, salientando que se está a deseñar unha estratexia neste ámbito. Así mesmo, puxo en valor o Mapa de emprendemento virtual que integrará todos os axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio en Galicia. É unha ferramenta que a día de hoxe conta con máis de 180 entidades adheridas e que ten como obxectivo coordinar e buscar sinerxías entre o público-privado. “Apostamos, sen dúbida, pola coordinación e especialización do ecosistema emprendedor”, recalcou.

Para rematar, José González afirmou que a Xunta tamén seguirá promovendo o retorno dos galegos no exterior a través do Programa Retorna Cualifica Emprego, unha iniciativa que se potenciará da man das empresas galegas co obxectivo claro de favorecer á volta a Galicia dos retornados de primeira, segunda o terceira xeración. Neste senso, indicou que é clave acompasar as necesidades do tecido empresarial coas oportunidades de emprendemento e sinalou que con esta actuación se selecciona aos participantes no seu país de orixe para facilitarlles o proceso, ofrecendo en orixe traballos de calidade cos que retornar a Galicia, complementados con formación e axudas para establecerse.

O titular de Emprego, Comercio e Emigración, en definitiva, apuntou que é importante seguir traballando da man do empresariado galego para continuar a crear actividade económica e emprego de calidade, vertebrando o territorio e garantindo, en definitiva, o crecemento de Galicia.

Relacionadas

Rueda salienta a importancia da cultura para mostrar a identidade das cidades

0
O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, salientou hoxe a importancia da cultura á hora de mostrar a identidade das cidades e de facela...

A Comisión Coruña Marítima acorda convocar un concurso internacional para elaborar o deseño que...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou en representación da Xunta na primeira reunión do órgano que dirixirá o futuro dos...

A Xunta contribúe a reforzar Ferrol como destino urbano co primeiro Festival Internacional de...

0
Celebrarase desde este xoves 18 de xullo ata o sábado 20 en varios puntos da cidadeXosé Merelles salienta que a cidade recibe cada vez...

A Xunta outorga autorización ambiental integrada para a planta de construcción e mantemento naval...

0
Os técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúen que a proposta é viable e non terá impacto na contorna se se...

A Xunta concede autorización ambiental integrada ao proxecto para a instalación dunha planta de...

0
Os técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúen que a proposta é viable e non terá impacto na contorna se se...

A Xunta reforza a atención ás vítimas de violencia ou agresión sexual a través...

0
Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias...

Publicacións Relacionadas