Home Xunta de Galicia A Xunta traslada a súa solidariedade á familia de Diego Bello na...

A Xunta traslada a súa solidariedade á familia de Diego Bello na súa visita a Bruxelas

- Anuncio -

—A directora da oficina da Fundación Galicia Europa na capital comunitaria, Ana Ramos, reuniuse con familiares e o avogado do mozo galego asasinado en Filipinas en 2020

—Foi no marco dunha visita a Bruxelas para reclamar o apoio das institucións comunitarias e axilizar a resolución do caso

A directora da oficina de Bruxelas da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos, reuniuse coa familia e o avogado de Diego Bello, o mozo empresario galego asasinado en Filipinas en xaneiro de 2020.

A representante da Xunta na capital comunitaria trasladoulle a solidariedade do Goberno galego na súa pretensión de acadar o apoio da Unión Europea para reclamar maior celeridade na resolución do caso.

Coa súa visita a Bruxelas, os familiares e o letrado de Diego Bello buscan que a UE exerza toda a súa influencia nas relacións con Filipinas, máis alá do ámbito comercial, para garantir a protección da cidadanía europea no país asiático e o cumprimento dos dereitos humanos.

Nestes momentos, a UE negocia un tratado de libre comercio con Filipinas. A súa axenda completouse con encontros con diferentes membros do Parlamento Europeo e unha representante da Comisión.

Relacionadas

Lete destaca o músculo galegono atletismo da man dos irmáns CHamosa que competirám no...

0
_Subliña o excelente momento do atletismo galego que nos Xogos de París igualou o seu récord histórico con sete representantes O secretario xeral para o...

Turismo de Galicia avanza na internacionalización da oferta coa presenza na Feira ITB Berlín...

0
A Axencia contará cun espazo propio dentro do stand de Turespaña, a través do que chegar aos públicos profesionais visitantes deste evento. Galicia afianza a...

Galicia gaña case 17.000 aficiliacións na comparativa anual e reduce o paro a un...

0
A cifra de desemprego acadada en Galicia en febreiro -120.977- é a máis baixa neste mes desde que hai serie histórica (1996)José González subliñou...

A Xunta e o concello de Ribadavia avanzan en iniciativas para a dinamización comercial...

0
Na xuntanza púxose de relevo a importancia de continuar con medidas como as que desenvolve este municipio co apoio do Goberno galego a prol...

Fabiola García destaca a implicación de toda a veciñanza de Poio no desfile de...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asistiu ao desfile de Entroido do concello de Poio acompañada polo alcalde, Ángel Moldes. Durante...

A Xunta prograna no Museo do Mar unha mostra de Nicolás Muller con fotografías...

0
Trátase dunha recompilación de imaxes das viaxes a Galicia dun dos fotógrafos documentais máis relevantes do século XXCon esta proposta, a Consellería de Cultura,...

Publicacións Relacionadas