Home Xunta de Galicia Ángeles Vázquez pon en valor o esforzo de Augas de Galicia por...

Ángeles Vázquez pon en valor o esforzo de Augas de Galicia por reducir a pegada hídrica na Comunidade e contribuír ao obxectivo de neutralidade climática

- Anuncio -

O orzamento para o vindeiro ano do organismo de conca autonómico inclúe un ambicioso programa de acción que permite abordar os retos actuais e os futuros na xestión do ciclo da auga

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, puxo hoxe en valor o esforzo que realiza Augas de Galicia por reducir a pegada hídrica na Comunidade e contribuír ao obxectivo de neutralidade climática.

Durante a súa intervención no Consello Reitor de Augas de Galicia, a conselleira incidiu en que unha correcta xestión da auga é vital para avanzar no cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) marcados a nivel global pola chamada Axenda 2030. Nese senso, cómpre lembrar que na Comunidade destaca, especialmente, a evolución no apartado de Auga limpa e saneamento (ODS número 6).

De feito, no caso do saneamento das augas, esta meta dáse por conseguida grazas a medidas impulsadas pola Xunta como os Plans de xestión da auga de Galicia para acadar servizos de subministración e depuración axeitados e equitativos ou outros documentos de planificación para facer fronte a aspectos como a seca, o risco de inundacións ou o aproveitamento hidroeléctrico dos recursos naturais.

E para seguir consolidando a Galicia verde e sostible que centra a acción transversal da Xunta, o orzamento para o vindeiro ano do organismo de conca autonómico inclúe, tal e como aseverou Ángeles Vázquez, un “ambicioso programa de acción que permite abordar os retos actuais e os futuros na xestión do ciclo da auga”.

Nesa liña, a conselleira subliñou que Augas de Galicia contará cun orzamento de 144 millóns de euros para continuar a traballar na mellora deste recurso fundamental para o territorio. Así, entre outras cuestións, levarase a cabo un importante investimento en saneamento e abastecemento a través da mellora das infraestruturas, a execución de políticas activas de resposta ante o cambio climático e a formación e divulgación para concienciar sobre unha xestión eficiente da auga tanto para os xestores profesionais como para a cidadanía en xeral.

A maiores, logo de incidir na aposta do Goberno galego polo desenvolvemento de infraestruturas no rural e por seguir avanzando no saneamento das rías, a conselleira fixo fincapé no impulso que se dará o vindeiro ano ás infraestruturas verdes co deseño de zonas de inundación controlada. De feito, esta mesma semana o Consello da Xunta autorizou destinar 2 millóns de euros para redactar os primeiros proxectos nese eido.

Relacionadas

A xestión galega do Camiño de Santiago, referente nun Congreso Internacional no marco do...

0
Turismo de Galicia participa en Barcelos neste encontro na procura de sinerxías na Eurorrexión para afrontar os retos turísticos do futuro e o Xacobeo...

Un total de 240 centros de toda Galicia participan neste curso no programa Navega...

0
— Esta acción forma parte do abano de iniciativas que a Xunta está reforzando para favorecer o uso correcto da internet e as redes...

A Xunta e o concello de Coirós avalían vías de colaboración en materia de...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Coirós van estudar vías de colaboración para mellorar o abastecemento de auga na localidade ante o...

María José Gómez salienta o bo facer dos produtores da subzona do Condado na...

0
A conselleira do Medio Rural participou hoxe no nomeamento dos novos confrades da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos, á que...

A Xunta de Galicia achega 300.000 euros ao concello de Tordoia para acondicionar o...

0
— As actuacións están destinadas a rematar a execución da fachada e a cuberta do inmoble destinado ao uso dos veciños do municipio — Fabiola...

Xosé Merelles pon en valor eventos de ocio singulares que incrementan o atractivo turístico...

0
A Coruña é sede do Campionato Mundial de Dardos Electrónicos que cita na cidade a 4.000 afeccionados co apoio da Xunta de Galicia O director...

Publicacións Relacionadas