Home Xunta de Galicia Belén do Campo clausura o obradoiro de emprego de Ribeira-Porto do Son no...

Belén do Campo clausura o obradoiro de emprego de Ribeira-Porto do Son no que se formaron a 20 persoas actividades auxiliares de xardinaría e mellora de montes

- Anuncio -

 A delegada da Xunta participou na clausura do obradoiro de emprego dual organizado por estes dous municipios e anunciou que este concello volverá a contar cun novo taller de formación este ano

 A representante do Goberno autonómico destacou que con estes dous obradoiros a Xunta inviste en Ribeira-Porto do Son case 1 millón de euros

A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou na clausura do obradoiro de emprego dual Tahume IX no que se formaron a 20 persoas en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría. A delegada destacou que este taller de emprego péchase despois de 12 meses, grazas a un investimento da Xunta de máis de 546.000 euros, no que os 20 alumnas e alumnos realizaron oito tarefas de mantementos de xardíns, melloras da masa árborea e produción de plantas en invernadoiros nestes dous municipios, en espazos como o invernadoiro de San Roque, o parque García Bayón, a praza do Concello de Ribeira, en parques e xardíns municipais de Ribeira e en no monte de San Roque. Canto ao concello de Porto do Son, actuaron en diferentes parques e zonas verdes, e nos sendeiros e parcelas municipais das parroquias de Miñortos, Goiáns, Baroña, Queiruga, Ribasieira e Xuño.

Na súa intervención a representante do Goberno autonómico anunciou que Ribeira e Porto do Son volverán a contar cun novo obradoiro este ano Tahume X mantendo a especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e incorporando unha nova de traballos de carpintaría e moble que permitirá seguir formando a outras 20 persoas sen emprego destes dous municipios, ao mesmo tempo que colaboran coa prestación de servizos públicos aos seus veciños, estando previstas máis de 16 actuacións nestes dous ámbitos en diferentes espazos. A representante do Goberno autonómico destacou que con estes dous obradoiros a Xunta inviste en Ribeira-Porto do Son case 1 millón de euros
Belén do Campo destacou que “os obradoiros de emprego permiten dotar a nosa poboación activa de formación de calidade ao tempo que desenvolven un traballo produtivo de utilidade pública ou interese social, coa posibilidade de acreditalo a través dos certificados de profesionalidade”. “O obxectivo – incidiu – é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente nos do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación”. Neste senso, animou a todos os participantes a aproveitar a formación recibida para buscar traballo e incluso para iniciar o seu propio negocio “porque estades preparados para traballar nun sector que precisa, nestes momentos, de profesionais cualificados”, subliñou.
Obradoiros 24-25
Belén do Campo subliñou que en toda Galicia os obradoiros de emprego duais supoñen un investimento por un importe de máis de 36 millóns de euros para un total de 87 accións deste tipo coas que se prevé beneficiar a máis de 1.700 persoas sen traballo.
Na provincia da Coruña están aprobados 23 obradoiros de emprego duais, grazas a un investimento de máis de 9 millóns de euros para formar a 440 persoas sen traballo.
Estes obradoiros –que poden ser solicitados por concellos, mancomunidades de municipios ou entidades públicas dependentes, así como por entidades sen ánimo de lucro do sector forestal- perseguen mellorar a empregabilidade dos participantes, ofrecéndolles unha formación teórico-práctica para o emprego de calidade. Ao tempo, suporán a mellora das dotacións públicas ou de uso público no ámbito local, así como a prestación de servizos de interese xeral e social que repercuten na mellora da calidade de vida e dos servizos para toda a sociedade.
Os obradoiros duais
Na convocatoria de 2024-2025, ofrécense 9 meses de formación con contrato de traballo e coa posibilidade de inserción posterior en empresas da contorna.
O alumnado, a maiores de formarse e realizar un traballo de interese público remunerado, pode obter un certificado de profesionalidade. Tamén se lles abre a posibilidade de traballar nunha empresa do ámbito das materias impartidas por un mínimo de tres meses unha vez completada a formación, grazas aos incentivos que ofrece a Xunta.
Para acceder a estes obradoiros, priorizaranse as persoas con especiais dificultades de inserción: mulleres, vítimas de violencia de xénero, emigrantes retornadas, persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego, desempregadas de longa duración, maiores de 45 anos, persoas que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior, entre outras. Terán preferencia tamén as persoas discapacitadas ou as beneficiarias do tramo de inserción da renda básica de Galicia, así como as que solicitaran este servizo a través da súa demanda de emprego e, dentro destas, aquelas que teñan prevista a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción laboral.
A Xunta de Galicia encargarase, no caso dos obradoiros duais de emprego, de financiar a formación profesional para o emprego (medios, materiais, contratación de persoal…), así como os custos salariais derivados dos contratos de traballo subscritos co alumnado.

Relacionadas

Galicia cautiva o interese do turista internacional a través de accións de promoción en...

0
Turismo de Galicia participou estes días en xornadas de presentación de destino en Singapur, Shangai, Polonia e Chicago Turismo de Galicia está a desenvolver unha...

O programa ‘IACOBUS’ abre a convocatoria 2024-2025 para as estadías de investigación, publicacións científicas...

0
― As entidades poderán presentar as súas candidaturas ata o 23 de decembro nas tres modalidades que, por primeira vez, se abren por primeira...

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral

0
— Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112...

A Xunta de Galicia rexenera a parte interna da zona norte da Ría de...

0
- Esta sementeira, que será realizada por membros da Sociedade Cooperativa Galega Ría de Arousa, desde unha embarcación, enmárcase nas medidas da Consellería do...

A Comisión Europea recoñece a Xunta polo software EMI destinado a potenciar as oportunidades...

0
— O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración recollerá este xoves en Bruxelas o premio do Observatorio de Vixilancia Tecnolóxica do Sector Público a...

A Xunta avanza cos recintos feirais na elaboración do Plan Estrtéxico do Comercio de...

0
― José González agradece o labor desenvolvido polos recintos da Coruña, Ourense, Lugo, Vigo e A Estrada, cualificándoos de auténticos referentes de dinamización das...

Publicacións Relacionadas