O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde na Coruña xunto á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, á LIII Festa do Aquelarre Poético, un acto de exaltación da Meiga Maior e as Meigas de Honra das fogueiras de San Xoán da Coruña. No marco deste evento, a Asociación de Meigas Hogueras de San Juan fixo entrega dos seus premios anuais San Xoán, entre os que destaca o recoñecemento ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pola súa traxectoria, co premio anual Rei Alfonso IX.