O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá en Betanzos á final do Campionato de España de Baloncesto Infantil Masculino e á cerimonia de clausura e entrega de distincións. Durante o evento, agradeceu ao concello, á Federación Galega de Baloncesto e ao Club Santo Domingo de Betanzos a organización da XLIV edición da competición, que xa se celebrara en Betanzos en 2021, e que desde 2014 acolle Galicia, o que sitúa á comunidade como escenario idóneo tanto para evento de alto nivel como, neste caso, para o deporte base e de formación.