Diego Calvo recibe a loitadora galega Lydia Pérez Touriño, prata nos recentes Xogos do Mediterráneo

Redacción

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, Roberto García, recibiu hoxe en San Caetano a loitadora galega Lydia Pérez Touriño, dez veces campioa de España, integrante da selección española de loita e recente gañadora dunha medalla de prata nos Xogos do Mediterráneo disputados na localidade italiana de Tarento. Diego Calvo felicitouna por esta primeira medalla conseguida tras cambiar de categoría, pasando de -62 kg a -57 kg coa vista posta na clasificación para os Xogos Olímpicos de Los Ángeles 2028. 

Comparte este artigo