A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asistiu ao desfile de Entroido do concello de Poio acompañada polo alcalde, Ángel Moldes. Durante a celebración, destacou a implicación de toda a veciñanza neste desfile no que, tanto os maiores como os máis novos, desfrutaron dunha xornada de convivencia interxeracional.