Salvaterra de Miño presenta a programación do Verán Cutural 2024

adminON
Lectura mínima de 3

Dende o 27 de xullo e ata o 7 de setembro o público poderá desfrutar dunha  programación variada coas festas máis esperadas e novidades.  

O Concello de Salvaterra de Miño presenta o Verán Cultural 2024, unha programación  dirixida a todo o público dende máis maiores ata os máis pequenos e pequenas que  contan coma sempre cun apartado especial. 

O inicio da programación máis esperada do ano terá lugar o 27 de xullo co concerto de  Carlos Núñez que volve un ano máis a Salvaterra de Miño dentro da súa xira “Lugares  Máxicos”. As entradas están á venda no Museo da Ciencia do Viño e na web ataquilla.com 

Dentro do calendario para o verán non podían faltar festas tan importantes e destacadas  como O Mundo a Danzar, O Son da Muralla ou Imos de Guateque; que continúan  crecendo en público ano tras ano e que son un atractivo dentro e fora do noso Concello. 

A Festa do Viño do Condado do Tea chega a súa sesaxésima quinta edición onde  destacan as catas populares, o Túnel do Viño, a gastronomía e os concertos con nomes  destacados como Luar na Lubre, De Vacas ou Roi Casal.  

Nos próximos días chegará as casas toda a programación detallada do Verán Cultural de  Salvaterra de Miño pero xa adiantamos aquí as datas: 

– Sábado 27 xullo: Concerto “Carlos Núñez” 

– Luns 29 xullo: Festa da Espuma e Animación musical 

– Mércores 31 xullo: Festa Hinchables de auga 

– Xoves 1 agosto: Baile Moderno 

– Venres 2 de agosto: Festival Folclórico A.C. Pontenova 

– Sábado 3 agosto: O Son da Muralla 

– Luns 5 agosto: O Mundo a Danzar 

– Mércores 7 agosto: Concerto da Orquestra Clásica de Vigo 

– Xoves 8 agosto: Concerto de Corais de Salvaterra e Banda de Música de Salvaterra

Praza da Constitución, nº1. Salvaterra de Miño. 36450 PONTEVEDRA Tlfs: 986 65 81 26 – 986 65 80 82 comunicacion@concellodesalvaterra.org 

– Venres 9 e sábado 10 agosto: Festa de San Lourenzo 

– Sábado 10 agosto: Imos de Guateque 

– Luns 12 agosto: Cine Infantil 

– Martes 13 agosto: Cine Infantil 

– Mércores 14 agosto: Desfile de moda 

– Venres 30 agosto: Encontro de bandas 

– Sábado 7 setembro: Tempo atrás de Dramiño. 

A programación os días 23, 24 e 25 de agosto coa LXV Festa do Viño do Condado do  Tea será a seguinte: 

– Venres 23 agosto: Inauguración e concertos de “Roi Casal”, “D’Crooners” e “Momboi”. – Sábado 24 agosto: Concertos de “Luar na Lubre”, “De Vacas” e “Club Naval”. – Domingo 25 agosto: Concertos de “Lenha Verde”, “Black Lovers” e “Somoza Trío”.

Comparte este artigo