Home Xunta de Galicia Galicia pecha o 2024 sendo a 3ª Comunidade con maior porcentaxe de...

Galicia pecha o 2024 sendo a 3ª Comunidade con maior porcentaxe de caida do paro no último ano e con preto de 17.300 afiliacións máis á Seguridade Social

- Anuncio -
  • O paro diminuíu no último ano nas catro provincias e nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e entre os menores de 30 anos, os parados de longa duración e as mulleres, neste último caso coa cifra máis baixa da serie histórica
  • A Comunidade galega conta con 1.079.573 persoas afiliadas á Seguridade Social, un nivel superior ao reflectido hai 16 anos

Galicia pechou o ano 2024 con 118.838 persoas no paro, a cifra máis baixa nun mes de decembro desde que hai rexistros (1996), e acumula 17.290 novas afiliacións á Seguridade Social en relación con decembro de 2023.  O dato de persoas desempregadas sitúanos ademais como a terceira Comunidade con maior porcentaxe de caída no último ano, cun recorte tanto na evolución anual como na mensual (-8,24% e -2,39%) que supera en ambos casos a media estatal (-5,42% e -0,98% respectivamente). Así o destacou hoxe o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, durante a valoración dos datos de paro e de afiliacións do pasado mes de decembro.

En relación coa comparativa interanual, José González salientou que o desemprego cae nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade, liderando a baixada a agricultura (-14,07%) seguida da construción (-12,63%).  

Tamén se reduce o paro nos colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración. Así, a cifra de desempregados con menos de 30 anos (13.101) é a máis baixa nun decembro desde que hai rexistros e a de mulleres desempregadas (68.160), a máis baixa de toda a serie histórica (desde 2005). Canto ao dato de parados de longa duración (59.725), cae un -7,80% con respecto a hai un ano, mellorando o dato de decembro de 2008.

Canto ás afiliacións á Seguridade Social, o titular de Emprego salientou que Galicia pechou o mellor mes de decembro desde 2008, acadando os 1.079.573 cotizantes que supoñen un aumento con respecto a hai un ano dun 1,63% (17.290 novas afiliacións).

Sobre a contratación, aumenta en Galicia na comparativa anual nun 7,02%, máis dun punto por riba da media estatal, que logra un incremento do 5,96%. Así, na nosa Comunidade asináronse 3.420 contratos máis ca en decembro de 2023. Sobe tanto a contratación indefinida (un 8,32%) como a de xornada completa (un 5,96%).

Vistos os datos, o conselleiro concluíu a tendencia positiva e comprometeu o traballo da Xunta da man do empresariado e tecido produtivo galego de cara a seguir avanzando nun mercado laboral dinámico, inclusivo e de máxima calidade.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvias no oeste da Coruña

0
― Cómpre lembrar que se mantén desde esta tarde o nivel de aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e en Pontevedra ―...

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

O Servizo Galego de Saúde destina máis de 3,7 M€ a realizar máis de...

0
 Fabricáronse 1.500 doses de radiofármacos extra e fixéronse 4.100 informes adicionais das unidades móbiles de resonancias magnéticas  A sanidade pública dispón así de...

A Xunta licita por 3,3 M€ as obras de renovación do firme en 5...

0
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo,...

A Xunta autoriza 114 prazas para novos profesores axudantes doutores en todas as ramas...

0
Por áreas, 52 prazas son para Ciencias Sociais e Xurídicas, 25 para Enxeñaría e Arquitectura, 19 para Ciencias da Saúde, 9 para Artes e...

Un total de 36 centros educativos intercambian boas prácticas docentes na fase autonómica do...

0
A Xunta impulsa desde hai dez cursos esta iniciativa baseada na observación do traballo na aula que permite as docentes coñecer outras realidades e...

Publicacións Relacionadas