Home Xunta de Galicia López Campos salienta a importance  participación de Galicia en rutas culturais europeas...

López Campos salienta a importance  participación de Galicia en rutas culturais europeas que “Testemuña o valioso patrimonio co que conta a comunidade”

- Anuncio -

— O titular de Cultura da Xunta pon en valor os itinerarios galegos recoñecidos polo Consello de Europa, como o do Camiño de Santiago ou da Arte rupestre prehistórica

— Galicia tamén forma parte do Gran itinerario cultural de viquingos, das rutas europeas de cemiterios ou da de Patrimonio e cidades termais

— Salienta que todas teñen pegada no xermolo, construción e consolidación dunha identidade e sentimento europeístico

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou hoxe a “importante participación e inclusión” de Galicia en diferentes itinerarios recoñecidos como Rutas culturais europeas e que considerou que “dá testemuño do valioso patrimonio co que conta a Comunidade”.
Así o salientou na inauguración en Santiago de Compostela na I Conferencia Internacional de Universidades e Rutas culturais, organizada polo Grupo Compostela de Universidades xunto co Instituto Europeo de Itinerarios Culturais do Consello de Europa. Precisamente, na súa intervención garantiu o compromiso do Goberno galego “en continuar reforzando orzamentos e actuacións para manter a preservación e coidado deste relevante legado, e a súa posta en valor”.
O titular de Cultura da Xunta cualificou de “axeitada e propicia” a celebración na cidade de Compostela desta conferencia internacional, xa que lembrou que o Camiño de Santiago foi o primeiro itinerario cultural recoñecido polo Consello de Europa. Ao respecto, atribuíno “á súa incontestable contribución” ao xermolo, construción e consolidación “dun relato colectivo, que acabou conformando unha identidade europea”.
Presenza de Galicia en Itinerarios Culturais Europeos
Ademais, López Campos considerou que reflicte o “cuantioso patrimonio cultural co que conta Galicia” o feito de que a Comunidade tamén estea incluída no Gran itinerario cultural de viquingos, “cuxa relevancia e pegada amósase na exposición que pode visitarse na Cidade da Cultura de Galicia”.

De igual xeito, destacou a integración da Comunidade na Ruta europea dos cemiterios, “que goza, cada vez máis, dun maior interese desde diversos ámbitos, como pode ser o lingüístico”, en referencia ao número de publicacións e estudos sobre o emprego de galego nos ritos funerarios.
En canto a esta ruta, apuntou a recente publicación, co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do libro As horas mortas, de Emma Pedreira, no que se dan a coñecer máis de 300 cemiterios galegos, entre os que se atopan o de Santo Amaro dos mortos da Coruña e o de San Froilán de Lugo, ambos os dous incluídos neste itinerario cultural europeo.
Finalmente, o conselleiro considerou “bastante ilustrativo e significativo” do importante e variado legado patrimonial a circunstancia de que a Comunidade integre os Camiños da Arte rupestre prehistórica, a través do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, e a Ruta europea do patrimonio termal e da cidades termais, na que participa Ourense. “Non hai dúbida que todos estes tipo de bens serven para situar a Galicia en Europa, e a Europa en Galicia, ambas as dúas con identidades propias, pero tamén cun vencello indivisible”, concluíu.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas