Home Xunta de Galicia O Centro Superior de Hostelería de Galicia refórzase como formador internacional coa...

O Centro Superior de Hostelería de Galicia refórzase como formador internacional coa capacitación de 20 novos directivos hoteleiros de Arxetina

- Anuncio -

— En colaboración coa Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica de Arxentina (FEHGRA) realízase estes días formación específica para profesionais do país

— É froito da colaboración emprendida entre Turismo de Galicia e esta Federación desde o ano 2018 para exportar os métodos formativos do CSHG

Un grupo de 20 directivos dalgunhas das principais cadeas hoteleiras de Arxentina están a recibir estes días formación específica no Centro Superior de Hostelería de Galicia, no marco da colaboración que Turismo de Galicia leva a cabo coa Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica da República Arxentina (FEHGRA) desde hai anos para a capacitación dos seus directivos.

Con estes 20, son xa máis dun centenar os profesionais arxentinos de alta dirección que leva formando o Centro Superior de Hostelería de Galicia desde o ano 2018 no seu compromiso por exportar e compartir o seu modelo formativo tamén no eido internacional. O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, e o director do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), Jose Paz, recibiron os participantes xunto á responsable de capacitación do FEHGRA, Belén García Bertone.

Ata o venres 26, os profesionais de Río Negro, Neuquen, Entre Ríos, Salta, San Luis, Chaco, Formosa, Chubut, Tierra del Fuego, Buenos Aires, Córdoba, Santa Fe, Mendoza ou Misiones formaranse a cargo de profesorado do Centro Superior de Hostelería de Galicia.

As actividades están orientadas a profesionais e xerentes de establecementos hoteleiros pertencentes a algunha das máis de 50 entidades asociadas a FEHGRA en todo o país. O curso está a combinar sesións teóricas con desenvolvementos prácticos, en exercicios individuais ou colectivos e actividades complementarias. Conta con módulos en explotación hoteleira, xestión financeira do negocio hoteleiro e xestión de recursos humanos no hotel. Tamén se incluiu, como novidade este ano, formación de Revenue Management e Optimización da Xestión de Alimentos e Bebidas en hotel.

A Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica da República Arxentina representa toda a actividade do país. O seu obxectivo é defender os intereses do sector e colaborar no desenvolvemento da hostelería, gastronomía e o turismo. A día de hoxe agrupa máis de 84.000 empresas.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Rueda destaca a ampliación de espazos e recursos das unidades de reprodución asistida do...

0
— Lembra que a Xunta permitirá que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos na sanidade pública sen necesidade de ter unha patoloxía previa —...

Marta Mariño Regueiro toma posesión como directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

0
Trátase dunha nova Dirección Xeral que responde á decisión estratéxica de impulsar o emprendemento e a economía social como vías para a xeración de...

Publicacións Relacionadas