Home Xunta de Galicia O Comité Europeo das Rexións destaca o ditame galego sobre o futuro...

O Comité Europeo das Rexións destaca o ditame galego sobre o futuro da pesca como unha das iniciativas con maior impacto en 2024

- Anuncio -

— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou esta mañá na última sesión da comisión NAT do actual mandato do Comité Europeo das Rexións, na que se fixo balance do traballo destes anos


— Jesús Gamallo destacou a reunión externa da comisión celebrada en 2022 en Santiago sobre o Camiño como exemplo dun modelo distinto de turismo en Europa

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou na reunión número 25 da Comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR), a última do mandato (2020-2024). Nesta sesión, destacouse o ditame galego sobre o futuro da pesca como un dos dous asuntos con maior impacto político durante este ano, xunto ao espazo de datos sanitarios da UE.

No sétimo mandato da Comisión NAT, o organismo traballou en áreas como a seguridade alimentaria, o papel das rexións nos plans estratéxicos da Política Agraria Común (PAC) postos en marcha en 2023 ou unha visión a longo prazo para as zonas rurais.

Unha das áreas nas que tamén ten traballado NAT, a proposta da delegación galega, foi a política pesqueira común. Así, a finais do ano pasado o CdR aprobou o ditame A política pesqueira común sobre o terreo: cara comunidades costeiras sustentables e resilientes na Unión Europea. Gamallo foi o relator deste documento impulsado por Galicia que recolleu a posición das rexións europeas sobre o papel do sector da pesca e da acuicultura na transición ecolóxica, poñendo o foco no equilibrio que debe respectarse entre as dimensións medioambiental, económica e social da política pesqueira común.

O director xeral incidiu en que “da actividade deste sector non só dependen a saúde dos océanos e dos ecosistemas mariños, senón tamén o benestar e a prosperidade das comunidades costeiras”, e lembrou que “os produtos pesqueiros son vitais para a seguridade alimentaria e para acadar a ansiada autonomía estratéxica”.

Precisamente, o informe de impacto institucional do CdR 2024, tratado nesta reunión, recolle este ditame pola influencia que tivo no informe do Parlamento Europeo aprobado meses máis tarde baixo o título A situación actual da aplicación da política pesqueira común e perspectivas futuras. Un dos grandes logros que menciona dito informe é que, tras o chamamento do Parlamento Europeo e do Comité Europeo das Rexións en favor da creación dun comisario dedicado exclusivamente á pesca, a acuicultura e os asuntos marítimos, a nova Comisión Europea 2024-2029 vén de nomear a un comisario de Océanos e Pesca.

Durante o mandato do CdR que remata estes días, Galicia tamén destaca por ter acollido unha reunión externa da comisión NAT fóra da súa sede de Bruxelas. Con motivo do Xacobeo 21-22, a finais de 2022 celebrouse na capital galega unha cita centrada no Camiño de Santiago como un modelo distinto de turismo en Europa.

Galicia nas comisións CIVEX e NAT do CdR
No actual mandato 2020-2024 do Comité Europeo das Rexións (CdR), Galicia participou na Comisión de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). A primeira elabora ditames en áreas como as políticas comúns de agricultura e pesca, turismo ou saúde pública.

Relacionadas

A Xunta logra que o Goberno central rectifique a súa postura inicial sobre o...

0
— O Goberno central retira a exixencia dun informe vinculante do Estado cada vez que a Xunta pretenda outorgar unha concesión para obras ou...

A Xunta promoverá a incorporación da intelixencia artificial ao sector turístico para analizar a...

0
— O director de Turismo de Galicia clausurou esta mañá a xornada ‘Decide o consumidor ou a intelixencia artificial?’ que tivo lugar na Cidade...

A Xunta participa en Verín na entrega de premios da segunda quenda da campaña...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, pon en valor esta iniciativa desenvolvida en colaboración coa Federación Galega de Comercio á que...

A Xunta mostra en Bruxelas as súas medidas innivadoras recoñecidas pola Comisión Europea para...

0
— José González puxo como exemplo o software EMi, premiado hoxe mesmo, ou as que contribuíron a que Galicia acadase o premio Rexión Emprendedora...

A Carballa da Rocha convértese no quinto monumento natural de Galicia en contar cun...

0
― Ángeles Vázquez avanza que inclúe un programa de actuacións que prevé un investimento de preto de 350.000 euros nos próximos dez anos ― Incide...

A Xunta convoca as axudas para facilitar a persoas desempregadas a asistencia aos cursos...

0
— O DOG publica hoxe as bases para acceder a estas bolsas que inclúen financiamento para os gastos de desprazamento, manutención, aloxamento ou conciliación...

Publicacións Relacionadas