HomePontevedraO Festival Internacional de Títeres de Redondela propón unha inmersión no mundo...

O Festival Internacional de Títeres de Redondela propón unha inmersión no mundo dos monicreques con cerca de 70 funcións en máis de 10 escenarios

- Anuncio -spot_img
  • O Multiúsos da Xunqueira e as prazas e rúas da vila acollerán os espectáculos de 30 compañías, entre as que destaca unha importante representación galega xunto propostas estatais e procedentes de Brasil, Italia, Chile, Bulgaria ou Arxentina
  • A mostra vén recibindo o apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da súa convocatoria anual de axudas a festivais de artes escénicas, cuxa convocatoria de 2025 se atopa en proceso de resolución

O Festival Internacional de Títeres de Redondela Memorial Juanjo Amoedo anunciou hoxe a programación completa da súa 26ª edición, que do 12 ao 18 de maio ofrecerá un intenso programa con preto de 70 funcións e actividades complementarias arredor do teatro de monicreques. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, participou nesta presentación xunto a representantes da organización, do Concello redondelán e doutras entidades colaboradoras nesta mostra, que nos últimos anos vén contando co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través do programa anual de subvencións a festivais de artes escénicas.

Na súa intervención, Sutil anunciou que proximamente será comunicada a resolución destas axudas, dotadas con 280.000 euros que serán distribuídos entre mostras escénicas consideradas estratéxicas no seu ámbito. En referencia ao certame redondelán, felicitou a organización polo seu relevante labor de preservación e difusión do teatro de monicreques como patrimonio cultural universal.

O representante da Xunta incidiu igualmente no valor engadido das súas actividades formativas e divulgativas, fundamentais para a creación e fidelización de públicos neste espazo de convivencia interxeracional onde os nenos que asistiron ás primeiras edicións, acoden agora coas súas familias. Neste sentido, remarcou a importancia do programa escolar encamiñado a fomentar na rapazada o hábito do teatro.

Mostra da creación escénica galega

Destacou tamén a importante presenza galega na programación desta 26ª edición, coa veterana compañía redondelá Tanxarina á cabeza. En Redondela estarán, así mesmo, Spaguetti Títeres, Teatro Escena, Danthea Teatro, EducaTeatro, Paporrubio, Títeres Alakrán, Troula, Pedras de Cartón e Cachirulo Títeres, encargada ademais da exposición A volta ao mundo en 80 monecos, que presenta un percorrido polas variadas manifestacións artísticas de diferentes culturas do mundo en torno á arte do monicreque e que se poderá ver do 9 ao 20 de maio tanto no Multiúsos da Xunqueira como en diferentes escaparates do comercio redondelán.

O Festival Internacional de Títeres de Redondela recibirá, ademais, agrupacións procedentes de diferentes puntos de España (Castela A Mancha, Madrid, Aragón, Cataluña e Andalucía) e doutros seis países: Arxentina, Portugal, Italia, Chile, Brasil e Bulgaria.

O programa de sala presenta compañías tan prestixiosas como a italiana Girovago & Rondella coa obra Quadri; a chilena Teatro y su Doble coa peza Feos, baseada nun relato de Mario Benedetti; a arxentina Valeria Guglietti co espectáculo de sombras No toquen mis manos ou o Centro Dramático Nacional e Teatro Gamusinos presentando a coprodución Árido.

En canto aos espectáculos de rúa, sobresae a posta en escena de Cavalls de Menorca, da compañía catalá Tutatis; o novo titiriteiro Mario Ezno, que chega desde Castela A Mancha para presentar Las aventuras de Manolo Bolaño; a andaluza Ángeles de Trapo coa súa obra Mi gran caracol e, desde Brasil, Chico Simões con Vida de mamulengo.

Música e mercado titiriteiro

A esta trintena de compañías teatrais súmanse catro formacións encargadas de poñer música ao festival: Cía Latexo Percusión, The Turre’s Band, Charanga Bicoia e as Pandereteiras Alxibeiras.

Como en anos anteriores, o Multiúsos da Xunqueira será a sede da programación de sala, mentres que a de rúa desenvolverase en numerosas localizacións ao aire libre. Xunto coas funcións teatrais e os concertos, esta 26ª edición ofrece tamén o mercadiño titiriteiro e a devandita exposición A volta ao mundo en 80 monecos.

Publicacións Relacionadas