- O ciclo medioambiental da Guarda comeza cunha actividade para os nenos de 4 a 10 anos
O V Ciclo Sostendo o futuro comeza o próximo sábado 7 de xuño co espectáculo de Caxoto titulado “Miña terra, meu lar”.
Trátanse de contos ambientais dirixidos a un público familiar e infantil, entre os 4 e 10 anos. Con este espectáculo, ademais de rir, o público tamén aprenderá a coidar o noso planeta como se fose a nosa casa…o noso lar.
Caxoto interpreta nesta ocasión a un barrendeiro (ou como el prefire que lle digan mozo da limpeza) aparece no escenario queixándose de que se deixe de tirar cousas ó chan. Está farto de recoller chicles, papeis, pano dos mocos e avoas en bo estado de uso. Farto de que ninguén recicle o lixo. Farto de pisar cacas de can!.
A partir deste comezo un pouco excéntrico, irá virando cara un ton máis amable dende o que a través de contos, dinámicas e cantigas sensibilizar en contidos relativos ao coidado ambiental.
A finalidade é tomar conciencia en torno aos valores de sostibilidade e coidado da nosa contorna, mais este ano obxectivo enfócase na xerarquía de residuos, para o mellor tratamento e redución de residuos.
O espectáculo dará comezo o sábado 7 de xuño ás 20:00h no Centro Cultural.