HomeVigoMosO Concello de Mos organiza unha excursión á Festa Indiana en Ribadeo...

O Concello de Mos organiza unha excursión á Festa Indiana en Ribadeo no marco do programa É tempo de Viaxar

- Anuncio -spot_img


O Concello de Mos abre o prazo de inscrición para unha nova saída cultural dirixida a persoas maiores de idade, que se enmarca dentro do programa municipal É tempo de Viaxar. Nesta ocasión será á Festa Indiana en Ribadeo, que inclúe visitas ás localidades de Lugo, Ribadeo e Monforte de Lemos os días 12 e 13 de xullo.

A actividade está pensada para persoas maiores de idade, con preferencia para aquelas empadroadas no municipio de Mos, aínda que a persoa acompañante non terá que cumprir este requisito.

O prezo é de 180 euros por persoa, con posibilidade de solicitar habitación individual por un suplemento adicional de 40 euros. A viaxe inclúe transporte en autocar Gran Turismo, aloxamento en hotel de 3 estrelas en réxime de pensión completa, guía acompañante durante todo o percorrido e seguro de viaxe.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o 17 de xuño, ben no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal. A listaxe de persoas admitidas publicarase o día 18 de xuño na páxina web do Concello e no taboleiro da OMIX. O pago deberá realizarse os días 19 e 20 de xuño no número de conta que se facilitará xunto coa listaxe.

Advírtese que será necesario acadar un mínimo de 45 prazas cubertas para que a actividade poida levarse a cabo.

Esta proposta enmárcase no programa municipal É tempo de Viaxar, unha iniciativa que promove o envellecemento activo, a participación social e a dinamización cultural da veciñanza maior do municipio.

Publicacións Relacionadas