Home Xunta de Galicia O ‘Gastrohub’ incrementa a oferta formativa do Centro Superior de Hostalería de...

O ‘Gastrohub’ incrementa a oferta formativa do Centro Superior de Hostalería de Galicia cun novo espazo destinado ao sector profesional da restauración

- Anuncio -

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asinou esta mañá o contrato de adxudicación da obra de creación do ‘Gastrohub’, con Santiago Ferreiro, responsable de Construcciones Orega, empresa adxudicataria da mesma, na que a Xunta investirá máis de 1,2M€. O proxecto ‘Gastrohub’ estará situado no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) que “sumará un novo espazo de formación dirixido ao sector da restauración onde se levarán a cabo demostracións e investigación gastronómica”, tal e como explicou Xosé Merelles.

O proxecto persegue reforzar o papel formativo do CSHG dirixido ao sector profesional cun novo centro nas súas instalacións que se prevé que comece a funcionar a finais de 2025.

A empresa adxudicataria disporá dun prazo de 7 meses para acometer as obras, aínda que as actuacións comezarán de xeito inmediato e implicará a reconversión do ximnasio do centro nun espazo multiusos  para o seu aproveitamento en investigación, cociña e innovación e tamén como centro socio cultural para presentacións e outro tipo de eventos.

As instalacións remodeladas acollerán un salón de actos cunha capacidade para 125 persoas, que poderá converterse nun escenario con mesas para dar resposta a outras funcionalidades. Contará cunha grada telescópica retráctil que unha vez retirada, recollerase nun moble na parte traseira do espazo. Este espazo poderá aproveitarse para cociña de innovación realizando demostracións gastronómicas e tamén para a celebración de eventos formativos e de investigación.

Ademais, instalarase un ascensor e na parte superior situaranse os aseos e un almacén de mobiliario. Ao mesmo tempo, realizaranse traballos de eficiencia enerxética no edificio para conseguir un aforro enerxético maior ao 30% e de illamento térmico e procederase á substitución de carpintería e luminarias, dotando o edificio dun sistema de climatización.

Enogastronomía de Galicia

O proxecto ‘Gastrohub’ é unha das accións previstas no Plan Territorial de Sostibilidade Turística Enogastronomía de Galicia. Este é o segundo plan territorial deseñado pola Xunta de Galicia con fondos Next Generation e conta cun investimento global de máis de 34M€.

Inclúe a posta en marcha de medidas destinadas ao sector de todo o territorio como axudas ao embelecemento e adecuación dos establecementos de produción enolóxica e alimentaria ou a potenciación da mobilidade sustentable, entre outras. Tamén inclúe a posta en marcha de 13 Plans de Sostibilidade Turística en Destino dos que se benefician un total de 80 concellos galegos. Enmárcase nos obxectivos e accións da Estratexia de Turismo de Galicia 2024-2030, que está nas súas últimas fases para a súa presentación.

Co novo ‘Gastrohub’, o CSHG reforza así o seu papel como referente na formación da hostalería en Galicia e en España e supón unha excelente noticia no marco do 30 aniversario que vén celebrando este curso e que afianza a longa traxectoria como entidade docente de calidade e prestixio.

Relacionadas

Un total de 147 asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares acceden ás axudas...

0
— O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que...

A Xunta convoca a batería máis de medidas para apoiar aos autónomos a...

0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a primeira convocatoria unificada para autónomos co gallo de axilizar a tramitación de achegas e avanzar...

A Xunta salienta o seu esforzo na posta en valor e mellora da área...

0
Ángeles Vázquez destaca entre as melloras acometidas os máis de 160.000 € investidos en accións de mellora da vexetación de ribeira e eliminación de...

Galicia rexistrou en 2024 o terceiro ano máis cálido das últimas seis décadas

0
— Ángeles Vázquez explica que 2024 se caracterizou por ser un período extremadamente cálido e húmido — A temperatura media rexistrada foi de 14,7 graos...

López Campos anuncia a licitación por máis de 300.000€ das obras de restauración do...

0
Adianta que a actuación contará cun prazo de execución previsto de 6 meses e está dirixida a resolver as patoloxías causadas polas humidades que...

López Campos anima a veciñanza de Coristanco a gozar das novas instalacións da Biblioteca Municipal

0
— A Xunta destina, mediante convenio co Concello, 100.000€ para a reforma e ampliación do espazo, a metade do orzamento — O conselleiro de Cultura,...

Publicacións Relacionadas