Home Xunta de Galicia O Hospital Montecelo acollerá unha xornada de portas abertas ao público sobre...

O Hospital Montecelo acollerá unha xornada de portas abertas ao público sobre a asma grave e o seu tratamento farmacolóxico

- Anuncio -
  • Con motivo do Día Mundial da Asma, o martes 7 de maio, a partir das 13:30 horas, celébrase a I Xornada de Concienciación da Asma Grave, que leva por título Achegándonos á patoloxía dende unha unidade de asma grave
  • O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) conta coa única Unidade de Asma multidisciplinar acreditada pola Consellería de Sanidade
  • Na actualidade, están en seguimento arredor de 1.000 pacientes con asma da Área Sanitaria de Pontevedra-Salnés, dos que uns 100 toman fármacos biolóxicos

O vindeiro martes, día 7 de maio, conmemórase o Día Mundial da Asma, unha enfermidade que afecta arredor do 10% da poboación adulta dos países occidentais e ata un 15% da infantil. Con motivo desta efeméride, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, a través do seu Servizo de Pneumoloxía, organiza a I Xornada de Concienciación da Asma Grave, unha actividade de portas abertas a todo o público que terá lugar nesa mesma data, a partir das 13:30 horas, no salón de actos do Hospital Montecelo.

Este simposio terá formato de ‘mesa redonda’ e leva por nome Achegándonos á patoloxía dende unha unidade de asma grave. A presentación correrá a cargo do xefe de Sección de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP), o doutor Adolfo Baloira, que ao mesmo tempo é responsable da Unidade de Asma. En canto aos poñentes, participarán na mesa o doutor Christian Anchorena, facultativo do Servizo de Pneumoloxía; a doutora Tania Liñares, do Servizo de Alerxia; e o doutor Carlos Crespo, xefe do Servizo de Farmacia.

Foro de encontro profesionais-pacientes

Cómpre salientar que esta I Xornada de Concienciación da Asma Grave pretende ser un foro de encontro entre profesionais e pacientes. Pola súa parte, os especialistas falarán dun xeito xeral da patoloxía da asma grave e do funcionamento da Unidade Multidisciplinar do CHUP. E pola parte dos doentes, contarase coa colaboración de enfermos que aportarán a súa experiencia cos tratamentos aplicados na actualidade.

O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) conta coa única Unidade de Asma multidisciplinar acreditada pola Consellería de Sanidade dentro da rede de hospitais públicos de Galicia. Leva en funcionamento catro anos e, na actualidade, ten en seguimento arredor de 1.000 pacientes con asma grave. Deses, uns 100 doentes está a tratamento con algún fármaco biolóxico.

O doutor Adolfo Baloira explica que a asma é unha enfermidade que produce moita sintomatoloxía e dificultade respiratoria, con crises que aparecen de súpeto, de xeito impredicible. De feito, aínda na actualidade esas crises de asma poden ser causa de morte, pero, matiza o especialista do CHUP, “son evitables” grazas a que existen “excelentes tratamentos para asmáticos, entre eles os fármacos biolóxicos, que actúan bloqueando receptores celulares moi concretos, co que practicamente non teñen efectos adversos”.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas