Portos de Galicia outorga unha concesión a favor do concello de Cedeira para construir unha nave de Formación Náutica

Redacción

Portos de Galicia acaba de outorgar a concesión administrativa a favor do Concello de Cedeira (A Coruña) para a construción dunha nave para o desenvolvemento de formación en ensinanzas náuticas. A concesión contempla un período de vixencia de 20 anos prorrogables noutros 10.

A nave prevista, segundo o proxecto presentado en Portos de Galicia polo Concello, terá unha superficie total de 472 metros cadrados. Estará situada na zona de acceso ao porto, concretamente na explanada do peirao vello, compatibilizándose coa zona de aparcadoiro.

O prazo de execución previsto para as obras é de 4 meses desde o inicio dos traballos e o orzamento estimado da actuación supera os 300.000 euros. A solicitude presentada polo Concello superou xa o trámite de información pública ao que foi sometido coa súa publicación no DOG do 23 de abril deste ano.

Comparte este artigo