Home Lugo A Mariña Oriental Ribadeo conta xa cun plan para a dinamización do seu conxunt histórico...

Ribadeo conta xa cun plan para a dinamización do seu conxunt histórico con accións para a mellora de edificios e outros espazos públicos

- Anuncio -

— O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a aprobación desta planificación coa que o municipio é, tras Mondoñedo, a segunda Área Rexurbe da comunidade en tela


— A estratexia deseñada polo Goberno local establece un programa plurianual de actuacións por parte de distintos promotores, tanto públicos como privados, que prevé un investimento de máis de 4,5 millóns de euros en catro exercicios


— Ánxeles Vázquez felicita ao alcalde de Ribadeo polo traballo realizado e a previsión de acometer distintas accións que inclúen desde cuestións arquitectónicas, como a rehabilitación de inmobles, ata outras de carácter económico e social

O Concello de Ribadeo conta desde hoxe cun Plan de dinamización do seu conxunto histórico trala súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Deste xeito, o municipio lucense -unha das sete Áreas Rexurbe declaradas na comunidade- convértese na segunda, tras Mondoñedo, en contar cunha planificación para a mellora de edificios e outros espazos públicos da súa zona histórica.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou a zona e destacou que o plan presentado polo Concello establece un programa plurianual de actuacións por parte de distintos promotores, tanto públicos como privados, que prevé un investimento de máis de 4,5 millóns de euros nun período de catro anualidades.

Por iso, a responsable autonómica felicitou ao alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, polo traballo realizado desde o municipio coa previsión de actuacións que atenden tanto cuestións arquitectónicas -de fomento da rehabilitación de edificios, vivendas e mellora dos espazos públicos- como outras de carácter económico e social.

Ángeles Vázquez subliñou que o plan de dinamización supón a efectiva posta en marcha desta Área Rexurbe e permitirá desenvolver accións estratéxicas para o municipio como a recuperación de zonas en mal estado ou illadas, a adecuación da accesibilidade de edificacións públicas como o albergue de peregrinos ou o xulgado de paz ou traballos de conservación e mellora do forte de San Damián, Ben de Interese Cultural (BIC) do concello. A elas engádense outras actuacións como a apertura ao porto do casco histórico, o acondicionamento da ladeira entre Cabanela e Porcillán ou a recuperación de zonas verdes na rúa Virxe do Camiño e na contorna da capela co mesmo nome.

A vicepresidenta segunda lembrou que as Áreas Rexurbe teñen como obxectivo dinamizar e revitalizar os centros históricos dos concellos e que os plans de dinamización como o de Ribadeo contribúen a marcar o camiño para acadar esa meta o antes posible. Ademais, incidiu, non só favorecen a mellora visual da contorna senón que teñen un importante papel no eido económico ao impulsar a actividade comercial na zona histórica ao facela máis atractiva desde o punto de vista do lecer.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación en varios ríos no concello de Ortigueira que...

0
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 9 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para...

Anxo M. Lorenzo analiza cos responsables de arquivos as accións a desenvolver nos vindeiros...

0
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, mantivo un encontro hoxe cos responsables dos cinco centros arquivísticos xestionados pola Xunta para analizar os...

A Xunta participa nun proxecto europeo de mitigación dos gases de efecto invernadoiro no...

0
― O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), adscrito á Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, acolleu días atrás...

López Campos visita a igrexa de Santa María de Sacos tras finalizar os traballos...

0
Destaca que a actuación, cun orzamento de 330.000€, forma parte do “compromiso do Goberno galego coa salvagarda dos bens patrimoniais e a súa posta...

Xosé Merelles pon en valor os entroidos tradicionais galegos como atractivo turístico en meses...

0
Participou na Estrada na presentación do programa do Entroido dos Xenerais do Ulla que inclúe actividades ao longo do próximo mes e medio O director...

A Xunta avanza na aposta pola atracción de talento emprendedor ao rural coas reunións...

0
— A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social asistiu hoxe en Laxe á segunda xuntanza desta iniciativa, impulsada polo Goberno galego coa...

Publicacións Relacionadas