- Subliña a “prioridade” do Goberno galego para seguir avanzando no sistema educativo galego líder en equidade e inclusión a nivel estatal
- A nova Estratexia de inclusión educativa de Galicia será a folla de ruta dos vindeiros anos para a actualización de accións xa en marcha e a implementación doutras novas
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, recoñece o labor que os docentes e os equipos directivos realizan no día a día nas aulas a prol dun ensino máis inclusivo, unha cuestión “prioritaria” para o Goberno galego que se vai reforzar cunha nova estratexia neste eido que se está ultimando logo da posta en común e o diálogo co conxunto de actores da comunidade educativa.
Así o sinalou esta mañá no acto de recoñecemento a 18 centros educativos polas súas boas prácticas no eido da inclusión e da convivencia escolar nos Premios de boas prácticas de inclusión educativa, ConVivimos e Tolerancia cero contra o acoso escolar, no que estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández. O obxectivo destes galardóns, impulsados pola Consellería de Educación, é fomentar a participación do alumnado en actividades que promovan o respecto polo dereitos humanos, a atención á diversidade, a convivencia e o bo clima nas aulas e o benestar emocional, e que estes proxectos sirvan de exemplo para o conxunto da comunidade educativa.
Segundo asegurou o conselleiro, a Estratexia de inclusión educativa de Galicia, que se presentará en breve, será a folla de ruta que se despregará a partir do vindeiro curso coa implementación de novas accións de inclusión e o reforzo das xa en marcha como estes galardóns que formarán parte dela.
Se ben é certo que o sistema educativo galego se sitúa como o máis inclusivo e equitativo do Estado, o conselleiro avoga por seguir avanzando “con paso firme” neste eido e para iso demanda a implicación do conxunto da sociedade e, especialmente, do alumnado e do profesorado dos centros educativos, aos que felicitou polo compromiso demostrado día a día.
Listado de centros galardoados
Premio de boas prácticas de educación inclusiva 2024 | |||
Centros premiados | |||
Categoría A | |||
Localidade | Provincia | Categoría do premio | Nome do centro |
Cambre | A Coruña | 1º premio | CEIP Plurilingüe Graxal |
Salvaterra do Miño | Pontevedra | 2º premio | CEIP Plurilingüe de Leirado |
Tui | Pontevedra | 3º premio | CEIP Plurilingüe Nº 1 de Tui |
Lobios | Ourense | Mención de honra | CEIP Plurilingüe do Xurés |
Categoría B | |||
Localidade | Provincia | Categoría do premio | Nome do centro |
A Lama | Pontevedra | 1º premio | EPAPU Nelson Mandela |
Burela | Lugo | 2º premio | IES Perdouro |
Vigo | Pontevedra | 3º premio | IES Valadares |
Viana do Bolo | Ourense | Mención de honra | IES Carlos Casares |
II Premio ConVivimos 2024 de convivencia e benestar emocional | |||
Centros premiados | |||
Categoría A | |||
Localidade | Provincia | Categoría do premio | Nome do centro |
Vilaboa | Pontevedra | 1º premio | CEP Plurilingüe de Riomaior |
Burela | Lugo | 2º premio | CEIP Plurilingüe Virxe do Carme |
A Estrada | Pontevedra | 3º premio | CEIP do Foxo |
A Pobra do Caramiñal | A Coruña | Mención de honra | CEP Plurilingüe Pilar Maestu Sierra |
Categoría B | |||
Localidade | Provincia | Categoría do premio | Nome do centro |
Ourense | Ourense | 1º premio | CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel |
Poio | Pontevedra | 2º premio | IES de Poio |
Gondomar | Pontevedra | 3º premio | IES Auga da Laxe |
Cambre | A Coruña | Mención de honra | IES David Buján |
Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2024 | |||
Centros premiados | |||
Categoría A | |||
Localidade | Provincia | Categoría do premio | Nome do centro |
Mos | Pontevedra | 1º premio | CEIP Mestre Martínez Alonso |
Rianxo | A Coruña | 2º premio | CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao |
Santiago de Compostela | A Coruña | 3º premio | CEIP P. Cardeal Quiroga Palacios |
Curtis | A Coruña | Mención de honra | CEIP de Teixeiro |
Categoría B | |||
Localidade | Provincia | Categoría do premio | Nome do centro |
Santiago de Compostela | A Coruña | 1º premio | IES Arcebispo Xelmírez I |
Verín | Ourense | 2º premio | IES Xesús Taboada Chivite |
Vilagarcía de Arousa | Pontevedra | 3º premio | IES Armando Cotarelo Valedor |
Teo | A Coruña | Mención de honra | IES de Cacheiras |