test
Home Xunta de Galicia Rueda afirma o compromiso do goberno galego coa sanidade pública e coa...

Rueda afirma o compromiso do goberno galego coa sanidade pública e coa busca dos mellores prfesionais

- Anuncio -

-Destaca a importancia do diálogo entre goberno e colexios médicos para seguir mantendo unha “magnífica sanidade pública”


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou hoxe o compromiso do Goberno galego coa sanidade pública e cos busca dos mellores equipos de profesionais para o sector.

Así o explicou esta mañá durante a súa participación no XVI encontro do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, onde agradeceu o traballo dos facultativos, aos que cualificou como piar fundamental do sistema sanitario. No acto estivo acompañado polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.

No acto, Rueda destacou a importancia do diálogo entre os colexios médicos e o Goberno galego que é “imprescindible” para seguir mantendo e mellorando unha sanidade pública “magnífica e para presumir”.

Para garantir a calidade asistencial en toda Galicia, o goberno Galego está poñendo en marcha unha serie de medidas. Entre elas, como xa se anunciou, permitirase aos MIR de último ano que pasen consulta con supervisión, de forma voluntaria e incentivada, cumprindo o establecido no seu plan formativo, tal e como avalou o Ministerio de Sanidade.

Por último, Rueda agradeceu a todo o persoal sanitario a súa implicación e avogou por seguir colaborando e dialogando cos colexios oficiais de médicos para afrontar xuntos os retos de futuro.

Relacionadas

Rueda eloxia as iniciativas turísticas que xeran riqueza e conseguen que Galicia siga estando...

0
Destaca o proxecto como un exemplo de turismo sustentable e de calidade A falta dos últimos datos completos de maio, os establecementos turísticos galegos...

Lete Lasa sinala que Moaña será o o epicentro do ciclismo galego ao acoller...

0
_Destaca a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos e sinala o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16...

Rueda anuncia que hoxe se publica no DOG a orde de axudas de ata...

0
Galicia é a única comunidade autónoma que ofrece este tipo de axuda directaEste ano tamén se poderán beneficiar as persoas diagnosticadas de Esclerose Lateral...

Sogama propón actualizar o seu canon polo sobrecusto derivado das decisións estatais e a...

0
O Consello de Administración da empresa pública foi informado de que o importe medio a pagar en 2024 pola xestión dos residuos quedaría en...

Xosé Merelles pon en valor do Festival Espírito Ribeiro para diversificar o turismo en...

0
O director de Turismo de Galicia presenta o evento xunto o delegado da Xunta en Ourense que se celebrará en Arnoia, Cenlle e Castrelo...

A Xunta eafirma o seu compromiso co tecido produtivo e co emprego da provincia...

0
José González lembrou accións en colaboración coa CEO a prol da inserción laboral e da formación para o emprego e sinalou que onte aprobáronse...

Publicacións Relacionadas