Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia Rueda destaca a relevancia do novo tramo de autovía Tui-A Guarda para...

Rueda destaca a relevancia do novo tramo de autovía Tui-A Guarda para acadar a “vertebración fundamental” entre o sur de Galicia e Portugal

- Anuncio -

― Enxalza a importancia desta infraestrutura “moi demandada e complexa” e garante o compromiso de completala “ata ao final”, en referencia á súa conexión coa PO-350


― Pon en valor que permitirá desprazarse de forma máis rápida e segura á veciñanza do Baixo Miño á vez que reforzará a competitividade do polígono de Areas, cunha importante actividade industrial e económica


― Salienta a aposta da Xunta pola polas vías de altas prestacións de balde, en referencia ao incremento dun 70% dos quilómetros construídos desde 2009


― Asegura que esta conexión no Baixo Miño supón unha “especial demostración” do compromiso do Goberno autonómico pola mellora das comunicacións e da seguridade viaria a través de vías libres de peaxe, o uso da última tecnoloxías nas estradas ou reforzando o control das infraestruturas

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou esta mañá que a conexión da A-55 co polígono de Areas a través da autovía Tui-A Guarda —e que hoxe culmina a súa posta en marcha — vai ser clave para mellorar as comunicacións e acadar a “vertebración fundamental” entre o sur de Galicia e Portugal.

Así o puxo en valor durante a presentación do novo treito desta vía de altas prestacións, no que estivo acompañado da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, onde fixo fincapé na importancia desta infraestrutura “moi demandada e complexa”.

O titular en funcións do Goberno galego salientou que este novo tramo vai permitir que a veciñanza do Baixo Miño se desprace de forma más rápida e segura pola comarca e vai servir para dinamizar e mellorar a competitividade do polígono de Areas, que conta cunha importante actividade industrial e económica. Grazas a este enlace, os usuarios que se despracen de Tui a A Guarda poderán acceder de forma sinxela a autovía que une Vigo e Portugal (A-55).

O pasado 17 de xaneiro entraron en servizo tres ramais do enlace que comunica o polígono de Areas coa A-55. En concreto, os ramais de saída do enlace quilométrico 30 da autovía A-55 así como ramal directo entre a glorieta das estradas N-551 e PO-552 e a glorieta. Esta tarde culmínase a conexión entre o polígono de Areas e a autovía que une Vigo e Portugal (A-55) coa posta en servizo do ramal de entrada desde o enlace á autovía en sentido Portugal.

Compromiso de completala “ata ao final”
Tras a culminación desta obra, Rueda asumiu o compromiso de completar esta infraestrutura “ata ao final”, en referencia á súa conexión coa PO-350. Precisamente, o treito entre o enlace de Areas e a PO-350 ten o proxecto en redacción. Neste senso, adiantou a intención do Goberno galego de licitar esta conexión “antes de que remate este ano”.

Ao respecto, lembrou que o Consello da Xunta aprobou a pasada semana o proxecto de trazado do subtreito entre a PO-350 e Estás e nas vindeiras semanas darase tamén o visto e prace ao proxecto do tramo entre Estás e Goián.

“Especial demostración” da aposta da Xunta por mellorar as comunicacións
Na súa intervención, Rueda salientou que o novo tramo de autovía Tui-A Guarda supón unha “especial demostración” do compromiso do Goberno autonómico pola mellora das comunicacións e da seguridade viaria. En concreto, fixo referencia a aposta da Xunta por ampliar as vías de altas prestacións libres de peaxe por toda a comunidade. Hai que lembrar que o Goberno galego incrementou nun 70% os quilómetros deste tipo de estradas desde 2009 ao construír 220 novos.

Nesta liña, garantiu que a Xunta seguirá traballando para habilitar máis autovías de balde, aproveitar as vantaxes das novas tecnoloxías para reducir a siniestralidade ou reforzando o control das infraestruturas. “É o camiño a facer”, defendeu para concluír, xa que argumentou que este compromiso da Xunta coas comunicacións que son da súa competencia dálle “autoridade e fortaleza” á hora de reivindicar infraestruturas de “primeiro nivel” para Galicia e que dependen doutras administracións.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará...

0
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

0
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con...

A Xunta impulsa a colaboración coas federacións e asociacións en materia de consumo para...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou nunha xornada de traballo coas federacións e asociacións con máis de 5 anos de...

A Xunta promove a reinterpretación dos sombreiros tradicionais galegos no Festival Asnot de Padrón

0
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entregou hoxe o Premio Internacional de Sombreirería Chapeu Contest 2024, que recaeu na revisión dun...

Publicacións Relacionadas