Home Xunta de Galicia Turismo inxecta 27,5M€ no sector turístico para a súa modernización e mellora...

Turismo inxecta 27,5M€ no sector turístico para a súa modernización e mellora da competitividade

- Anuncio -

— O director de Turismo de Galicia visitou en Poio o Hotel Gran Proa, onde destacou que se trata dun plan de actuación a executar en 2024 e 2025


— O establecemento de Poio resultou beneficiario cunha axuda para acometer actuacións en eficiencia enerxética, na que se invisten 10M€


— O Goberno galego destinará 14M€ o vindeiro ano á renovación dos establecementos turísticos na Comunidade


— Un total de 88 empresas turísticas foron beneficiarias das axudas da Xunta para a obtención ou mantemento da Q de Calidade e S de Sostibilidade

A Xunta de Galicia está a realizar un importante esforzo na mellora da competitividade do sector turístico galego como fórmula para optimizar o destino e facer da actividade turística unha fonte de recursos para o territorio. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou o Hotel Gran Proa de Poio, onde subliñou que entre 2024 e 2025, Turismo de Galicia destina 27,5M€ en distintas liñas para a modernización e mellora dos establecementos turísticos da oferta galega.

Precisamente, este establecemento de Poio foi beneficiario cunha axuda para a execución de actuacións de mellora de eficiencia enerxética. As obras conlevaron o illamento de fachadas e cambio de fiestras e tamén o recambio de radiadores. A actuación tivo un custe de 154.536 euros dos que Turismo de Galicia financiou o 54,74%.

O director de Turismo de Galicia salientou que esta liña de axudas, cuxo prazo remata o vindeiro 9 de decembro, supón un impulso importante para acometer actuacións que permitan unha maior eficiencia enerxética e garanten unha actividade turística máis sostible e respectuosa co medio natural. A Xunta destina 10M€ a esta convocatoria, financiados con fondos europeos, e na actualidade xa se rexistraron 203 solicitudes.

Axudas para reformas
“Todo isto permitiranos avanzar cara a renovación da nosa oferta de establecementos turísticos”, subliñou Xosé Merelles antes de referirse tamén ao importante investimento previsto polo seu departamento para a creación de novos establecementos turísticos e a realización de obras de reforma e para renovar as infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración.

Ademais, Turismo de Galicia incluirá no futuro Plan de Termalismo unha convocatoria específica para a creación de novos establecementos termais e a mellora dos existentes.

Neste conxunto de actuacións, a Xunta investirá en 2025 un total 14M€ que se suman aos 3,5M€ destinados a actuacións de mellora en establecementos turísticos durante este ano 2024.

Finalmente, o director de Turismo de Galicia quixo agradecer a complicidade do ámbito empresarial na procura dun turismo de calidade. Neste sentido, aludiu á resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) deste mércores na que se conceden un total de 102 axudas a concellos, persoas físicas e xurídicas, das cales 88 corresponden a empresas turísticas, para contribuír a financiar os procesos de obtención ou mantemento da marca Q de Calidade Turística ou S de Sostibilidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sostibilidade (ICTES).

Relacionadas

A Xunta traslada ao tecido empresarial galego que a lei de Administración Ambiental Simplificada...

0
Con esta reunión ponse fin á rolda de contactos iniciada en outubro cos principais sectores, organizacións profesionais e entidades afectadas pola futura norma, unha...

A Xunta de Galicia adxudica por preto de 10 millóns de euros un contrato...

0
― Ángeles Vázquez destaca que o servizo de asistencia técnica e apoio á dirección de explotación de Augas de Galicia nas EDAR é por...

Belén do Campo destaca o investimento de 260.000 euros na mellora de infraestruturas rurais...

0
 A delegada da Xunta avaliou coa alcaldesa esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

A Xunta destaca o potencial das empresas emerxentes e do comercio local no peche...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Santiago de Compostela o congreso Galicia Emprende: innovación e futuro dixital...

A Xunta pon de relevo os arredor de 550 proxectos atendidos pola Rede de...

0
― A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta tarde en Ourense na xornada ‘Impacto positivo e emprendemento’, organizada...

Artesanía, Saber e Sabor converterá Ribadavia nun mercado de produtos artesáns e galegos para...

0
― Esta acción da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería do Medio Rural desenvolverase entre o 6 e o 8 de...

Publicacións Relacionadas