HomeXunta de GaliciaUn total de 14.150 alumnos incorpóranse a 4º de Infantil o vindeiro...

Un total de 14.150 alumnos incorpóranse a 4º de Infantil o vindeiro curso cun 33% de prazas libres

- Anuncio -spot_img
  • Hoxe publícanse as listaxes provisionais de admisión no proceso de escolarización
  • Das 21.227 prazas ofertadas para nenos de 3 anos, quedan libres 7.077
  • Case o 97% do alumnado obtén praza no centro escollido como primeira opción

O proceso de escolarización no sistema educativo galego para o vindeiro curso 25/26 avanza coa publicación hoxe, segundo o calendario previsto, das listaxes provisionais de admisión de novos alumnos. Un total de 14.150 nenos e nenas incorporaranse ás aulas galegas en 4º de Infantil. Isto supón que se cobre o 66,7% das 21.227 prazas ofertadas e quedan libres 7.077, o 33,3% restante.  

Por provincias, en Lugo ocúpanse o 72,40% (1.173 alumnos), seguida da Coruña co 70,30% (6.028 alumnos), Pontevedra co 63% (5.110 alumnos) e Ourense co 59,80% (1.299 alumnos). En canto ás sete cidades, o maior nivel de ocupación dáse en Lugo co 87,5% (642 alumnos), seguida da Coruña co 85,6% (1.411 alumnos), Pontevedra co 76,7% (514 alumnos), Santiago de Compostela co 73,8% (594 alumnos), Ferrol co 72,8% (337 alumnos), Vigo co 71,8% (1.651 alumnos) e Ourense co 67,4% (598 alumnos).

As prazas dispoñibles continúan a disposición das familias ao longo do proceso de admisión, para o cal está previsto publicar as listaxes definitivas o 15 de maio. A continuación, desenvolverase o proceso de formalización de matrícula, cuxa datas varían en función do nivel educativo. En concreto, serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

Os datos de prazas ofertadas e cubertas son os reflectidos na seguinte táboa:

 Prazas ofertadasSolicitudes (prazas ocupadas)Prazas libres% prazas ocupadas% prazas libres
ProvinciaA Coruña85776028254970,30%29,70%
Lugo2365171365272,40%27,60%
Ourense2173129987459,80%40,20%
Pontevedra81125110300263%37%
Total2122714150707766,7%33,3%
ConcelloA Coruña1649141123885,6%14,4%
Ferrol46333712672,8%27,2%
Santiago de Compostela80559421173,8%26,2%
Lugo7346429287,5%12,5%
Ourense88759828967,4%32,6%
Pontevedra67051415676,7%23,3%
Vigo2300165164971,8%28,2%
Total75085747176176,5%23,5%

A maiores, case o 97% do alumnado que solicitou praza en 4º de Educación Infantil nos centros educativos galegos para o vindeiro curso 2025/26 obtívoa no colexio escollido como primeira opción, en concreto, a porcentaxe é do 96,6%.

Isto supón unha porcentaxe moi similar á do ano pasado, malia que segue avanzando a implantación progresiva da mellora das rateos de 25 a 20 alumnos por aula implantada este curso en 4º de Infantil, e que no vindeiro curso se aplica tamén a 5º de Infantil.

Estamos ao inicio do proceso de admisión, que se desenvolverá ata a matrícula en xuño/xullo en coordinación permanente coa Inspección Educativa, polo que os datos se irán axustando ata concluír o proceso. O 100% do alumnado que así o desexe ten garantida unha praza nun centro sostido con fondos públicos da nosa Comunidade.

Nos escasos casos de máis demanda que oferta de postos nun centro concreto, as prazas serán asignadas como sempre polos centros ou a comisión de escolarización de cada zona, segundo corresponda, en función do baremo aplicable a cada solicitude e atendendo aos centros de preferencia marcada, tal e como establece a normativa.

Os datos de admisión en primeira opción son os reflectidos na seguinte táboa:

ProvinciaSolicitudes (prazas ocupadas)Admitidos en 1ª opciónPorcentaxe de admitidos en 1ª opción
A Coruña6028579196,1%
Lugo1713162394,7%
Ourense1299128598,9%
Pontevedra5110496797,2%
Total141501366696,6%
A Coruña1411134595,3%
Ferrol33732496,1%
Santiago de Compostela59456394,8%
Lugo64259192,1%
Ourense59859599,5%
Pontevedra51447993,2%
Vigo1651159596,6%
Total5747549295,6%

Publicacións Relacionadas