Home Ourense Rivo pon en valor as axudas autonómicas ao emprego, aos autónomos e...

Rivo pon en valor as axudas autonómicas ao emprego, aos autónomos e o impulso das microformacións laborais na súa visita ao polígono de Barreiros

- Anuncio -

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, realizou un percorrido por varias das firmas radicadas neste recinto situado en San Cibrao das Viñas, acompañada polo presidente da asociación de empresarios, Alejandro Cruz

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe varias empresas do Polígono de Barreiros en San Cibrao das Viñas, acompañada do presidente da Asociación de empresarios do recinto, Alejandro Cruz, nas que deu a coñecer as liñas de apoio que a Administración autonómica mantén abertas para apoiar o emprego e a formación laboral na comunidade.
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as axudas do programa Galicia Emprega, dotado cun orzamento de 17,5 millóns de euros, para incentivar a contratación de persoas desempregadas na empresa, centros especiais de emprego, entidades sen ánimo de lucro e empresas de inserción. Poderán solicitarse as achegas que van desde os 6.000 euros desde o vindeiro 26 de xaneiro ata o próximo 30 de setembro.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, explicou Rivo, mantén tamén aberto ata o 30 de setembro o prazo de solicitude para financiar os primeiros gastos da actividade dos traballadores por conta propia a través de dúas liñas que suman un orzamento de 28,9 millóns de euros. Neste total inclúese unha partida de 9,6 millóns de euros para subvencionar ao 100% a cota reducida dos novos autónomos durante os 12 primeiros meses de actividade.
O Diario Oficial de Galicia convocou este mesmo luns outros dous programas de axudas ao emprego autónomo que suman 9,5 millóns de euros. Diríxense, por unha banda, aos traballadores autónomos que teñan unha antigüidade superior aos 42 meses para que poidan ofrecer novos servizos e realizar investimentos que impulsen a súa capacidade competitiva (Bono Autónomo) e, por outra, axudar aos profesionais por conta propia que desexen volver emprender tras o cesamento de actividade (Bono nova oportunidade).

Formación flexible
Rivo destacou a firme aposta da Xunta de Galicia pola formación laboral e pola modernización e dixitalización do Servizo Galego de Emprego que está a enfrontar a Xunta para dinamizar a empregabilidade das persoas desocupadas e adaptar os seus perfís ás necesidades do mercado.
Neste marco subliñou a aposta pioneira da Administración autonómica que está a implantar o modelo de microcredenciais, unha oportunidade, dixo, para as persoas traballadoras e empregadoras. Este sistema ofrece unha solución en sectores en continuo cambio, é flexible e complementario ao sistema educativo, reduce a fenda entre o mundo académico e empresarial, e é inclusivo ao axudar a diminuír a fenda de habilidades.

Relacionadas

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicrequesA isto...

Arranca `Nadal en Galicia’ cunha ampla axenda de eventos para potenciar o valor turístico...

0
Turismo de Galicia convida a participar en propostas como beléns, mercados e espectáculos que se celebran nas catro provincias Beléns para visitar, mercados para comprar...

Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes Claros realizadas...

0
A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer...

A Filmoteca de Galicia recibe a directora Carla Simón cun novo cheo do ciclo...

0
A Filmoteca de Galicia recibiu na tarde de onte a directora catalá Carla Simón para unha sesión do seu ciclo Close-Up sobre cinema e...

Xuntanza da comisión de seguimento da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación...

0
Esta mañá, mércores día 4 de decembro, ás 10:00 h, reuníronse na Concellería de Urbanismo do Concello de Ourense todos os grupos políticos que...

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
— O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicreques —...

Publicacións Relacionadas