Un total de 431 colexios e institutos desenvolven clubs de lectura grazas ao apoio da Xunta

adminON
Lectura mínima de 6

— Este curso sumáronse 53 novos centros a esta iniciativa da Consellería de Educación, que financia con 400.000 € a adquisición de fondos e gastos de funcionamento

— Os clubs de lectura están concibidos como espazos de aprendizaxe e de convivencia, onde se fomenta a adquisición de competencias lectoras, o traballo en equipo e o intercambio de experiencias

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación, desenvolven clubs de lectura nas súas bibliotecas durante este curso grazas ao apoio da Xunta, que destina un total de 400.000 euros a este programa. O obxectivo desta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, enmarcada no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) 2021-2025, é fomentar e consolidar os hábitos lectores e as competencias básicas do alumnado (comunicación lingüística, competencia social, cultural, artística…).
Por provincias, 162 dos centros integrados no programa son da Coruña (24 de nova incorporación este curso), 60 de Lugo (cinco novos), 54 de Ourense (seis novos) e 155 de Pontevedra (18 novos). Cada un deles ten asignada unha contía de entre 600 e 1.235€, en función do tipo de centro e do proposta presentada, para destinar fundamentalmente á adquisición de libros para as actividades do club, que pasarán posteriormente aos fondos da biblioteca escolar, así como para gastos derivados do funcionamento do club.

Compartir experiencias
Poñer en marcha un club de lectura nun centro educativo consiste, basicamente, en promover a participación dun grupo de alumnado para compartir as súas experiencias lectoras, coa mediación dun adulto que conduza todo o proceso.

Normalmente estes clubs de lectura -cuxo espazo natural son as bibliotecas escolares- vense enriquecidos polo emprego das tecnoloxías da información e a comunicación (que contribúen á lectura en diversos soportes, permiten introducir as narrativas transmedia e facilitan a difusión de actividades), así como pola participación de adultos da comunidade educativa que propician o intercambio de experiencias interxeracionais.

Ademais da dinamización a prol da lectura e ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida, os Clubs de Lectura tamén están concibidos como espazos de convivencia e de educación cidadá.

Centros de nova incorporación

Os 53 centros de nova incorporación este curso son os reflectidos na seguinte táboa:

Provincia Concello Centro
A Coruña A Coruña CEE Nosa Señora do Rosario
A Coruña A Coruña CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cervino
A Coruña A Coruña CEIP Rosalía de Castro
A Coruña A Coruña CIFP Paseo das Pontes
A Coruña A Coruña IES Fernando Wirtz Suárez
A Coruña Betanzos IES As Mariñas
A Coruña Boimorto CPI Armando Cotarelo Valledor
A Coruña Boiro CEIP Santa Baia
A Coruña Boiro IES A Cachada
A Coruña Boqueixón CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto
A Coruña Camariñas CEIP Plurilingüe de Ponte do Porto
A Coruña Carballo CEIP Bergantiños
A Coruña Carballo CEIP Plurilingüe A Cristina
A Coruña Fene IES de Fene
A Coruña Ferrol CEIP de Pazos-Mestre García Niebla
A Coruña Muros CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío
A Coruña Muxía IES Ramón Caamaño
A Coruña Noia IES Virxe do Mar
A Coruña Ordes CEIP de Mesón do Vento
A Coruña Ponteceso CRA Nosa Señora do Faro
A Coruña Ribeira CEIP Plurilingüe O Grupo
A Coruña Rois CEIP Plurilingüe de Pumar-Urdilde
A Coruña Santiago de Compostela CEIP Arquitecto Casas Novoa
A Coruña Santiago de Compostela CEIP Pío XII
Lugo Cospeito CEIP Plurilingüe de Muimenta
Lugo Lugo CEE Santa María
Lugo Lugo CEIP Sagrado Corazón
Lugo Monforte de Lemos IES Francisco Daviña Rey
Lugo Pantón CEIP Plurilingüe Monte Baliño
Ourense Leiro CEIP Emilia Pardo Bazán
Ourense O Barco de Valdeorras CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas
Ourense Os Blancos CEIP Plurilingüe dos Blancos
Ourense Ourense CEIP Plurilingüe Albino Núñez
Ourense Ourense CEIP Plurilingüe Inmaculada
Ourense Ourense CIFP A Farixa
Pontevedra A Lama CEIP A Lama
Pontevedra Barro IES de Barro
Pontevedra Cambados IES Francisco Asorey
Pontevedra Lalín CEIP Xesús Golmar
Pontevedra Meaño CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas
Pontevedra Nigrán CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios
Pontevedra O Grove CEIP Rosalía de Castro
Pontevedra Oia CEIP Mestre Manuel García
Pontevedra Ponte Caldelas CEIP Manuel Cordo Boullosa
Pontevedra Ponteareas CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera
Pontevedra Pontevedra CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos
Pontevedra Pontevedra IES Frei Martín Sarmiento
Pontevedra Redondela IES de Chapela
Pontevedra Salvaterra de Miño CEIP Plurilingüe de Leirado
Pontevedra Salvaterra de Miño IES de Salvaterra de Miño
Pontevedra Valga IES Plurilingüe de Valga
Pontevedra Vigo CEIP de Coutada-Beade
Pontevedra Vigo CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro
Comparte este artigo