Villares sitúa ás entidades organizadoras de eventos gartronómicos mariñeiros como axentes senciais no apoio ao sector do mar

adminON
Lectura mínima de 1

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este sábado na VI edición da Festa da Empanada Mariñeira, coa que a localidade de Portonovo rende homenaxe esta fin de semana aos produtos do mar. Trátase dunha cita gastronómica que cada ano congrega a numerosos visitantes, e se está a consolidar como un gran escaparate da extraordinaria calidade dos peixes e mariscos que saen da costa galega.

Tal é así que, segundo destacou o responsable autonómico, este evento e os restantes que se desenvolven sobre todo na época estival en Galicia, non serían posible sen todas as entidades que colaboran na organización dos mesmos. Concretamente, neste caso concreto, o encontro está organizado polo Club de Piriagüismo e a confraría do lugar, en colaboración Concello de Sanxenxo.

Deste xeito, a lonxa de Portonovo volve a converterse durante dous días no punto de encontro do mellor do noso mar, combinando tradición e vangarda dende o punto de vista culinario. Un total de 20 recheos diferentes se poden degustar ata mañá nesta localidade pontevedresa, e que van dende as algas de Cangas ata os berberechos de Carril. A novidade deste ano é o Timbal de Praiolo de O Grove.

Comparte este artigo